(Fonte: Páxina de Facebook Arquivo Municipal de Pontevedra Sotelo) Todo deu comezo coa inauguración da mostra, no Palacio de Exposicións e Congresos, o día trinta de abril. No entanto, a cousa viña dun gran traballo e esforzo previos que, tal vez, fan da exposición “Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940” a máis ambiciosa promovida polo Arquivo Municipal e unha das mellores, nos últimos tempos, sobre a historia da capital pontevedresa. Os principais “culpables” da iniciativa foron nomes coñecidos: Enrique Sotelo Resurrección dirixe o Arquivo Municipal de Pontevedra desde hai anos. Posúe…
Ver+Etiqueta: Museo de Pontevedra
Semana Santa 2019. Visitas ao Museo de Pontevedra
Durante esta Semana Santa o Gabinete Didáctico vai realizar un programa de visitas guiadas pola colección do Museo para aquelas persoas que desexen facer unha primeira aproximación ás obras máis representativas expostas nos edificios Sexto e Sarmiento. Ademais de percorrer algúns dos fitos da arte galega, a visita incluirá a pequena mostra dedicada a El Greco que de forma temporal se expón no Museo, tendo como protagonista o cadro Retrato dun médico, depositado polo Museo del Prado. Do domingo 14 ao domingo 21 de abril (luns pechado) De martes a sábado: 12 h e 18…
Ver+Unha obra de teatro musicalizada para escolares: ‘Merenda con pan de millo’. Museo de Pontevedra
Co gaio da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da semana das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra, dentro do Proxecto Telecultura, quere achegar aos escolares de 3 a 6 anos o patrimonio inmaterial de música e lingua a través da obra de teatro musicalizada Merenda con pan de millo. Terá lugar o martes 14 de maio, ás 11:30, cos centros escolares que desexen inscribirse. Merenda con pan de millo é un espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo. Nel combínanse cancións e narración…
Ver+Obradoiro ‘Arte que soa’. Museo de Pontevedra
Os días 16 e 17 de abril imos celebrar para o público de diferentes idades unha nova edición do obradoiro Arte que soa. Trátase dunha actividade na que se propón traballar as sensacións e percepcións que transmiten algunhas das pinturas da colección do Museo. Nela as persoas participantes poñeranlle son a unhas obras que o público acotío contempla en silencio. Búscase o traballo grupal e a potenciación da comunicación interxeneracional , o que dará como resultado unha experiencia moito máis enriquecedora. A proposta é que pais, nais, avós, avoas… se animen a…
Ver+Contacontos familiar dedicado á figura de Luis Seoane. Museo de Pontevedra
O venres 5 de abril ás 18 h vaise realizar no Sexto Edificio unha sesión de contacontos dedicado á vida e á obra de Luis Seoane. Está realizado por “Polo Correo do Vento” e dirixido a un público familiar a partir de 5 anos. O relato, narrado por Enrique Mauricio, será ilustrado en vivo polo debuxante Carlos Taboada, que rematará a actividade realizando coas nenas e os nenos un pequeno obradoiro de debuxo. Luis Seoane (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979) é a figura homenaxeada este ano pola Real…
Ver+Obradoiro “Mulleres fotógrafas.”. Museo de Pontevedra
Neste obradoiro experimental achegarémonos ao mundo da fotografía e das mulleres que fixeron historia neste eido. Neste senso debuxarase un eixe cronolóxico que comezará coas fotógrafas pioneiras ata as protestas dos anos 70, facendo fincapé na evolución da profesión e explicando algunhas das máis afamadas fotógrafas: artistas, documentalistas e fotógrafas de prensa. Afondarase tamén na vida das fotógrafas galegas ou relacionadas con Galicia que fixeron historia. Coma Antonia Santos García, Cándida Otero, Maria Cardarelly, que xa forman parte da historia da cultura fotográfica galega. Ademais haberá unha parte práctica na…
Ver+Música do pasado. Obradoiro para público infantil. Museo de Pontevedra
Os sábados 23 de febreiro e 16 de marzo terá lugar no Sexto Edificio o obradoiro “Música do pasado”, dirixido ao público infantil de cinco a doce anos. Nel achegarase aos máis pequenos os misterios da música na prehistoria: orixes e evolución, materiais utilizados, tipos de instrumentos e situacións sociais que propiciaban o desenvolvemento de cánticos ou pezas musicais. As nenas e o nenos participantes poderán analizar, descubrir e comprender a función da música experimentando directamente con diferentes materiais do pasado. Seguidamente, realizarán unha zoadeira que poderán gravar e decorar…
Ver+Obradoiro de Entroido 2019. Museo de Pontevedra
Como ven sendo habitual para festexar o Entroido, desde o Gabinete Didáctico proponse un obradoiro creativo vinculado este ano á figura do noso benquerido Ravachol. Está dirixido a nenas e nenos de 5 a 12 anos e será impartido por Gabriela Lusquiños (Graduada en Belas Artes con Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación). Ademais do obradoiro, onde nenas e nenos realizarán o seu propio Ravacholiño para levar no pulso, a actividade completarase cunha visita dinamizada e musical na que os protagonistas serán os animais que moran nalgunhas das obras…
Ver+Pontevedra celebra o Día de Rosalía con música e literatura reivindicativa
O acto terá lugar o domingo 24 de febreiro, ás 12.00 horas, no Sexto Edificio do Museo e contará coa actuación de Ugía Pedreira e A Banda da loba. O Concello de Pontevedra organiza o vindeiro domingo 24 de febreiro a celebración do Día de Rosalía baixo o lema “Cantare, galegas!”. O fío condutor da celebración será o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que escribiu a xornalista e poeta Ana Romaní. No texto invócase o compromiso social da obra rosaliana, a denuncia das inxustizas, a identificación…
Ver+Paseo por Pontevedra Cidade
Foto©Porgaliciabaixo / Palmeras de Pontevedra “Penso que si morrese no desterro, os meus osos non se deixarían consumir até que algún anaquiño d-eles chegase a Pontevedra” “… asisto a transformación d-un día de sol en noite de luar. Alí sinto como en ningures a necesidade cósmica da Patria, e sei que son un anaquiño de eternidade galega. ¡MEU PONTEVEDRA!” A.D. R. Castelao Seguramente calquera galego cando lea estas liñas comprenda perfectamente o sentido de “ser, pertencer…” a un lugar. Pero neste caso falamos e ocupámonos de Pontevedra, capital dás Rías…
Ver+Convento e Colexio dos xesuítas en Pontevedra e Jorge de Andrade
Foto: Consello da Cultura Galega Edificouse nun soar ao carón da igrexa da Compañía de Xesús, xa que dende un principio decidiuse que sería rexido polos xesuítas. É moi similar ao colexio que a Compañía de Xesús ten no Bierzo (León), polo que probablemente os planos fosen enviados dende Roma, da casa matriz. De estilo barroco adaptado ás características tradicionais da zona, trátase dun edificio de dous andares de planta rectangular, construído en cantaría sobre un baseamento de distinta altura para salvar o desnivel do terreo. Na fachada da…
Ver+