21 – 22 de Xuño 21 de xuño de 2019 Heredeiros da Crus – Fondo Norte – Malkeda – Selvática 22 de xuño de 2019 Mushu – Basanta – Santi Araujo – Tony Lomba y Eladio Santos – Labretta Suede & The Motel Six – Sex Museum – Holywater – The Lelli’s Kellys – Rayotaser – Ortiga – Anaut – Thee Blind Crows – Familia Caamagno +INFO CLICK AQUÍ
Ver+Etiqueta: Música
Banda de Música de Pontevedra; ‘Sons na Rúa’
Do 6 de xuño a0 22 de setembro
Ver+Concerto Día das Letras Galegas en Allariz
Éxito do II Concurso de Música Tradicional de Soalleira. Sanxenxo
Onte, 12 de maio, no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán tivo lugar o II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL SOALLEIRA, no que participaron un total de 39 agrupacións. A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón coa colaboración do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala promovido pola Consellería de Cultura. En total repartíronse en premios, 3500€ en premios entre os grupos gañadores de 4 categorías, clasificadas polas idades dos participantes. As categorías A e C actuaron pola mañá e as categorías B e D…
Ver+Fin de semana no Auditorio de Ourense: MITEU, Sés e Antonio Orozco
A Mostra Internacional de Teatro Universitario, con Alberto San Juan, TeatrUbi e Teatro del Barrio, versións galegas de cancións populares do século XX a cargo de Sés, e a xira Único de Antonio Orozco forman a proposta de actividades do Auditorio de Ourense para esta semana. As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada actuación. A cantante coruñesa Sés presentará este sábado (20:30h) no Auditorio o seu último traballo: “A rabia ao silencio”, cunha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor nun espectáculo acústico e…
Ver+Os Maios, desfile dos Entroidos de Galicia, música galega e jazz para a fin de semana en Ourense
– O venres, ás 23:00 horas a Praza de Santa Eufemia acollerá o concerto de balde do XXIII Festival de Jazz Primavera 2019, a cargo da banda The Blues Giants – O sábado pola mañá, as rúas do centro da cidade acollerán, por vez primeira, un desfile que contará coa participación de máis de 400 persoas, en representación de 11 dos entroidos máis representativos de Galicia – As actividades dos Maios comezarán o domingo, a partir das 11:00 horas, na rúa do Paseo, onde a festa estenderase até as 19:00…
Ver+O ciclo ‘Enclave de Cámara’ volve o xoves ao Principal. Ourense
Josep Colom, un dos grandes pianistas do noso tempo, e a prestixiosa clarinetista Ona Cardona serán os protagonistas da vindeira cita do ciclo de música Enclave de Cámara, este xoves 2 de maio no Teatro Principal desde as 20:00 horas, con entradas entre 5 e 8 euros. Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do espectáculo. Interpretarán as sonatas da Op. 120 de Johannes Brahms, obras mestras coas que o compositor alemán culminou a súa traxectoria. Inspiradas polo clarinetista Richard Mühlfield e cun arrecendo…
Ver+30 aniversario da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia
13 de abril, ás 21:00 horas
Ver+Axenda de cultura do Concello de Ourense para a fin de semana
O Concello de Ourense programa, para esta fin de semana, catro actividades para todos os públicos eminentemente musicais. As entradas para o concerto infantil do sábado e para o concerto que pecha o ciclo Música do Camiño son de balde até completar aforo. O concerto de Queen e para o concerto dos Monicreques de Kukas están dispoñibles en www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función. CANTA MIÑA PEDRA, CANTA, con Charo Pita e Xoán Curiel. Sábado 13, 18:00 horas. Auditorio, sala Azul. Entrada de…
Ver+Presentación do libro – disco “Na noite, no silencio”. Celanova
A Casa dos Poetas de Celanova acolle o sábado, día 13 de abril de 2019, ás 12.00 horas a presentación do libro-disco “Na noite, no silencio” durante a cal se celebrará tamén un concerto. Publicado por Edicións Fervenza, Juan Manuel Vázquez falaranos deste poemario intimista acompañado de cd con cancións de inspiración medieval creadas e interpretadas polo propio autor. Juan Manuel Vázquez relaciónase con Celanova principalmente a través da súa muller, profesora de música no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, ademais de traer alumnos do centro onde imparte música en…
Ver+Concerto “entre amigos”. 100 anos da Coral de Ruada. Ourense
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes. O concerto, organizado polo…
Ver+