Xigantes e Cabezudos

As páxinas destinadas a enriquecer a historia de Pontevedra festexan a nova publicación do investigador Leoncio Feijoo Lamas. O traballo leva por título: Los gigantes de Pontevedra; tónica habitual é a edición a cargo do autor, cando ben merecería estar subvencionada. Cobrou forma na tan senlleira Imprenta C. Peón, a mesma da que saíra un bando que dicía: Os vellos non deben de namorarse. O autor é un investigador serio, dos que non erran o tiro. A Leoncio Feijoo gústalle enfrontar coa documentación. Vótalle horas de arquivo, traballa con paciencia…

Ver+

Castañas Medievais

O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…

Ver+

No 17 de maio os libros galegos saen a rúa. Pontevedra

Dez librarías da cidade instalarán postos nos Soportais da Ferrería o Día das Letras Galegas co fin de visibilizar e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego, unha oferta ampla, variada e de calidade. Os libros galegos saen a rúa é unha iniciativa da Concellería de Festas enmarcada na programación do Maio Mes da Lingua, proxecto liderado pola Concellería de Normalización Lingüística. Na cita participan as seguintes librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva,…

Ver+

Presentación Libro ‘Tempa maltreita’ de Alexander Vórtice. Pontevedra

15 de maio ás 20.00 horas na Libraría Paz de Pontevedra Alexander Vórtice presenta o seu novo libro ‘Tempa maltreita’ acompañado dos xornalistas Natalia Puga e Jesús Iglesias. ‘Tempa maltreita’ (Editorial Discursiva) supón unha viaxe de ida e volta ata o máis fondo das emocións propiamente humanas: noites ácedas, corredoiras húmidas, persoas facilmente substituíbles e pensións de mala morte, sempre procurando un lugar onde a esperanza poida reverdecer e brotar entre a negrura que nos outorgan as patadas do destino. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro ‘Piratas da liberdade’. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu unha nova publicación que xira arredor do episodio histórico do secuestro político do buque Santa María, no que viaxaron cara Venezuela tantos e tantos emigrantes galegos, que tivo lugar no ano 1961 e que contou coa participación principal do celanovés Xosé Velo Mosquera.  A publicación titúlase “Piratas da liberdade” e é a traducción dun libro publicado inicialmente en catalán polo xornalista Xavier Montanyà baixo o título “Pirates de la llibertat” e agora editado en galego por Edicións Positivas, editorial dirixida polo berciano Francisco Macías. “Piratas…

Ver+

‘La Casa de la Troya’ en Pontevedra

 Foto: http://www.lacasadelatroya.com/ Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – A Coruña 1926) destacou pola súa faceta de novelista e xornalista. A súa nai era prima irmá de Rosalía de Castro, el mesmo estudou Dereito en Compostela e sempre foi admirador do país galego. Así pois, dentro da súa produción, Galicia está moi presente. Nesta terra ambientou títulos como Arminda Moscoso ou o conxunto de contos La corredoira y la rúa. Pero a súa novela máis louvada sería a primeira, que escribiu en 1915: La casa de la Troya. Este relato desenvolto…

Ver+

Presentación do libro – disco “Na noite, no silencio”. Celanova

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o sábado, día 13 de abril de 2019, ás 12.00 horas a presentación do libro-disco “Na noite, no silencio” durante a cal se celebrará tamén un concerto. Publicado por Edicións Fervenza, Juan Manuel Vázquez falaranos deste poemario intimista acompañado de cd con cancións de inspiración medieval creadas e interpretadas polo propio autor. Juan Manuel Vázquez relaciónase con Celanova principalmente a través da súa muller, profesora de música no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, ademais de traer alumnos do centro onde imparte música en…

Ver+

Nova Monografía e Xornadas sobre o Entroido

Imaxe: https://www.imosver.com/es/libro/antroidos-e-mascaras-na-galiza-rural_0010230307 O xornal Sermos Galiza edita «De Nós». Monografías con perspectiva galega. A número catro, saída o mes pasado, leva por título Antroidos e mascaras na Galiza rural. Este traballo, a cargo de Alfonso García Santos, supón unha atractiva publicación tanto no formato do libro, como no tocante ao seu contido para achegarnos a unha das celebracións máis variadas e singulares que temos, tinxida de rituais ancestrais. O Entroido galego posúe leis propias. Os seus variados ritos son cousa moi seria alí onde se producen. Os elementos que compoñen…

Ver+

Unha porta que leva aos xardíns

Foto: Mateo Fontán Couto Dentro do programa adscrito ao LV Concurso Exposición Internacional da Camelia, celebrado en Pontevedra, presentouse o día dez de marzo o libro Xardíns históricos de Pontevedra, cuxo subtítulo convida: Un paseo por 20 xardíns singulares da provincia. Trátase dun volume de case trescentas páxinas editado pola Deputación de Pontevedra que vén ocupar un espazo destacado na, aínda pouco nutrida en estudos, historia da xardinería galega. Os autores son: Carmen Salinero, Ángeles Barros, Gaspar Bernárdez, Xesús Fernández e Antonio Rigueiro. Tras os saúdos pertinentes da Presidenta da…

Ver+