Prepararse para partir

Foto: Mateo Fontán Couto Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun  conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e coordinada por Carmen María Sánchez Arines.…

Ver+

Presentacion de “Algunos abuelos de la democracia” de Alfonso García López. Ourense

13 de marzo 20:00h; no Centro Cultural Marcos Valcárcel É o título do novo libro de Alfonso García López, no que nos presenta o resultado de anos de investigación sobre os perfís dos avós de algúns dos políticos demócratas máis relevantes dos nosos días. “Algunos abuelos de la democracia”   Aínda que é prematuro, farei unha breve referencia ao meu último libro, Algúns avós da democracia, a petición do noso Presidente, Antonio Álvarez, pois non estará terminado ata a segunda quincena do mes de xaneiro. Quen son os avós da democracia dos que…

Ver+

‘Chiloé. Unha ollada Compartida’ e ‘Retratos documentados’. Fotografía espello de Galicia

Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra. No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé.   –¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra –Perdone usted, estamos en la mía –¿pero no es esto Ortigueira en Galicia? –No señor, es Quellon, en Chiloé Eduardo Blanco Amor…

Ver+

Cesantes, Trasmañó e Ventosela

Fotografía: Mateo Fontan Couto O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, que tantas iniciativas saca cara adiante, tivo a ben a posta en marcha dunha serie de publicacións dedicadas ás parroquias do municipio. As tres primeiras xa están pola segunda edición, son as que falan de Cesantes, Trasmañó e Ventosela na pluma de tres bos coñecedores destas paraxes. Para a parroquia de Cesantes contouse coa autoría de Lola Míguez, integrante do Seminario de Estudos Redondeláns, a cal mediante un relato curto introduce ao lector nas vicisitudes emocionais deste lugar. Elías…

Ver+

O programa “Tertulias Literarias” fomentará o hábito de lectura na mocidade. Ourense

Medio milleiro de escolares e docentes participarán este ano no programa “Tertulias literarias”, que organiza o Concello de Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense. O alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira Belén Iglesias e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, presentaron esta mañá unha nova edición do programa, que inclúe dúas citas con obras literarias e coas súas autoras. A primeira, a tertulia en castelán, desenvolverase esta semana, de martes a xoves no Liceo, dedicada á obra “Mejor la ausencia”. A autora, Edurne Portela manterá un encontro cos escolares o…

Ver+

O Concello convoca o 35 Premio de Poesía Cidade de Ourense

O certame de poesía en lingua galega ou portuguesa abre ate o 12 de abril o prazo para presentar traballos O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. A xunta de goberno local aprobou esta semana as bases e a convocatoria do tradicional certame, dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. O ano pasado tivo como gañador o poeta allaricense Carlos da Aira,…

Ver+

Imaxes da Presentación do libro “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros”. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros” con intervencións de José Antonio Fidalgo, Javier Gándara Feijoo e Antonio Piñeiro. A nota musical correu a cargo de “Bem leve”.

Ver+

Presentación libro: “Non o saben as estrelas”. Bueu

A Axencia de Lectura de Meiro acolle o 25 de xaneiro ás 20.00 h a presentación do libro Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín. SINOPSE: Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer a terra dos seus devanceiros…

Ver+

Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’. Fundación Vicente Risco

Sábado 19 de xaneiro, ás 12:00h na Fundación Vicente Risco en Allariz Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’, da colección ‘alterarte’, que servirá, asemade, como inauguración da exposición dalgunhas obras dos 11 artistas participantes no libro, e que poderá visitarse no horario habitual de apertura, sábados e domingos de 12h a 14h. Curador*s e artistas participantes no libro: Yolanda Barriocanal + Ramón Conde Lola Dopico + Malania Freire Alberto Ruíz de Samaniego + Eduardo Outeiro Almudena Fernández Fariña + Paz de la Calzada Juan Luis Moraza…

Ver+

Libro sobre Cruceiros de Combarro

Foto: Mateo Fontán Couto Presentouse o pasado mes de decembro no Casal de Ferreirós de Poio unha nova monografía sobre cruceiros, esta vez ocupándose dos do Conxunto Histórico Artístico de Combarro. O libro foi editado polo Concello de Poio coa autoría de Andrés Dacosta Paz. Trátase doutra ollada sobre o rico patrimonio cultural de Combarro, complementando anteriores publicacións, máis ou menos recentes, coma a Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro escrita por Rafael Vallejo e publicada pola Deputación de Pontevedra en 2017. Nas setenta e dúas páxinas da obra…

Ver+