Retómase o acondicionamento do campo de fútbol de Ponte Sampaio. Pontevedra

A Unión Temporal de Empresas E.C.Casas – Imesapi retoma hoxe mesmo as obras de acondicionamento do campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio, ante a renuncia, o pasado mes de febreiro, da empresa Ediserpo. Serán estas dúas empresas as que se encargarán de continuar co proxecto e rematar toda a intervención prevista que vai máis aló da construción do campo, xa que tamén se inclúe a demolición das actuais instalacións deportivas e estender o espazo de lecer até a praia fluvial. No tocante ao campo de fútbol están…

Ver+

Acondicionamento das praias do Lérez, Ponte Sampaio e Praceres de cara ao verán – Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciou hai uns días traballos intensivos de mantemento nos areeiros do municipio para que estean en boas condicións de uso de cara ao período estival. A praia fluvial do Lérez, a de Ponte Sampaio e tamén a de Praceres reciben estes días aos servizos municipais para facer labores de limpeza, achega de area, retirada de algas, reposición ou reparación de mobiliario urbano e de praia… Ademais, nos vindeiros días incorporaranse os socorristas ás praias do Lérez e Ponte Sampaio, que realizarán o control de ambos areeiros…

Ver+