O Concello de Pontevedra iniciou hai uns días traballos intensivos de mantemento nos areeiros do municipio para que estean en boas condicións de uso de cara ao período estival. A praia fluvial do Lérez, a de Ponte Sampaio e tamén a de Praceres reciben estes días aos servizos municipais para facer labores de limpeza, achega de area, retirada de algas, reposición ou reparación de mobiliario urbano e de praia… Ademais, nos vindeiros días incorporaranse os socorristas ás praias do Lérez e Ponte Sampaio, que realizarán o control de ambos areeiros…
Ver+