Aser Álvarez González erixiuse gañador do XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo pola súa reportaxe titulada “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal dixital www.adiante.gal, polo que se fará con 1500 €. O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, e as xornalistas Ana Cabaleiro e Montse Dopico, xustificou a súa decisión en que “como produto xornalístico destaca pola súa orixinalidade e estrutura, así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, ao mesmo tempo que…
Ver+Etiqueta: Prensa
Prensa Galega: El Anunciador, ‘o avó’ do Diario de Pontevedra
Foto. El Anunciador // Galiciana Sae o 1 de xaneiro de 1877. O subtítulo do mesmo era Diario de Noticias anuncios e intereses morales y materiales fundado polo seu propietario José María Madrigal. Os diferentes directores foron Indalecio Armesto, José Suárez, Juan Manuel Rodríguez, Cosme Fernando Soler, Emilio Couto, José Sequeiros Matos. Nos primeiros tempos como periódico foi de corte independente, nunha segunda etapa foi liberal, e nunha terceira plenamente republicano tendo entre as súas premisas estar ao servizo da democracia non apoiando a monarquía. Precisamente polo seu ideario en 1881 recibiu…
Ver+Programa ‘As Mulleres que opinan son perigosas’ no Principal. Pontevedra
O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores presentou a segunda edición do programa ‘As mulleres que opinan son perigosas’. Fíxoo acompañado da Presidenta da Deputación, Carmela Silva e as creadoras e coordinadoras do proxecto, as xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela. Tal e como comentou o Alcalde, o primeiro encontro, celebrado o ano pasado, “deixou pouso e nesta edición pasamos a consolidar un proxecto pioneiro na loita feminista e a súa visibilización”. Unha loita que respalda pero considera, “debe ser encabezada por mulleres”. Lores destacou o feito de…
Ver+Preto de oitenta traballos concorren aos premios Johán Carballeira . Bueu
Tras o peche do prazo para o envío de orixinais, o xurado dos Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu terán que decidir os gañadores/as entre os cincuenta e oito presentados na categoría de poesía e os vinte da de xornalismo. Esas son as cifras desta edición que demostran, unha vez máis, que o certame é todo un referente a nivel galego. Así, durante as próximas semanas, o xurado revisará os traballos para que o gañador/a poida facerse cun premio de 1.500 € en ambas categorías, amais da publicación do…
Ver+A primeira publicación periódica publicada só en galego: O Tio Marcos d’a Portela
Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.// Foto: P.Lameiro O Tio Marcos d’a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega. Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos co pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel…
Ver+O Pazo da Cultura acolle a II Gala dos Medios en galego. Pontevedra
O Pazo da Cultura acolle o vindeiro sábado 2 de febreiro, ás 12 horas, a II Gala dos Medios en galego, que chega da man da Amega (Asociación dos medios en galego). O humorista e actor Touriñán guiará o evento, no que intervirán Xaime Iglesias, da Asociación Cedofeita; Eva Mejuto, coordinadora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra; Anxos Sobriño, da CTNL e o debuxante Kiko da Silva. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou o evento xunto co presidente da Amega, Henrique Senfiz e o deputado…
Ver+Últimos días para presentarse aos premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo. Bueu
O Concello de Bueu afronta xa a recta final do prazo de presentación dos traballos para os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxa data límite é o 31 deste mes. As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: ou mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Bueu. Estes premios, que naceron como unha homenaxe ao político, poeta…
Ver+O Grupo NÓS
Coñécese así ao grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista NÓS, que perviviu ata 1936. O grupo estaba composto entre outros por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Dieguez, Florentino López Cuevillas… Sobre o nome elixido para a revista, hai dúas teorías: Unha delas suscita que o nome foi escollido por Castelao, xa que ademais era o director artístico e o encargado de deseñar as portadas da publicación. A outra teoría que manteñen outros autores, explica que foi Vicente Risco quen optou por ese nome de cabecera,…
Ver+O Cenáculo Ourensán
Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco. O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. De todos os xeitos,…
Ver+El Catón Compostelano
El Catón Compostelano foi o primeiro xornal de Galicia. O primeiro número apareceu o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela. El Catón Compostelano, que Eugenio Carré Aldao alcumou como “primeiro xornal galego”, veu a luz en Santiago de Compostela no ano 1800. Trátase dunha publicación semanal na que se tocaban temas de corte erudito e polémico, dende a necesidade da educación das mulleres ata a orixe das linguas de España; da paz, a liberdade ou o tempo, á necesidade dunha Historia Natural de Galicia ou a…
Ver+Xerardo Álvarez Limeses: Avogado, mestre, escritor e sogro de Alexandre Bóveda
Naceu en Pontevedra o 10 de decembro de 1871, e morreu na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940. Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública…
Ver+