Antes e logo de Pedro Madruga: A casa de Soutomaior

É a de Soutomaior unha das casas nobres máis coñecidas e antigas de Galicia. Houbo un gran señor en tempos do rei Don Pedro; Paio Sorred de Soutomaior que tivo un fillo Álvaro que á súa vez sería o pai dunha filla que emparentaría coa casa de Ulloa casando con Vasco López de Ulloa, sendo á súa vez a nai de Lope Sánchez, pai do futuro Conde de Monterrei. Gozaban estes señores de Soutomaior de moita influencia no obispado de Tui, eran valentes e gustaban de enfrontarse co obispado de Santiago…

Ver+

Vida e desaparición de Pedro Madruga

Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de…

Ver+

Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior era fillo do señor de Soutomaior; cando morreu o seu irmán sen descendencia pasou o título directamente a el. Será un dos señores máis poderosos no seu tempo de toda Galicia. Mentres se produce o levantamento irmandiño, que deixou destruída media Galicia e derruidas practicamente todas as fortalezas dos nobres galegos. Pedro Madruga fuxira a Portugal casándose alí; organiza un exército e regresa a Galicia enfrontándose aos rebeldes irmandiños, primeiro recupera Pontevedra e despois dirixe os seus pasos a Compostela. Pedro Madruga é xa invencible entre a…

Ver+