A Ría de Arousa

A Ría de Arousa é a máis extensa das rías galegas cunha lonxitude de trinta e tres quilómetros, unha anchura de 4,5 quilómetros no seu embocadura sur (Illa de Sálvora – O Grove) e 3,5 na norte (Illa de Sálvora – Aguiño en Ribeira). Ten unha profundidade máxima de sesenta e nove metros. Rodéana montañas e nas súas augas hai diversas illas, illotes e arrecifes ou roquedales. Entre as illas están a Illa deArousa, A Toxa, Sálvora e Cortegada. As principais poboacións de norte a sur son: Ribeira, Poboa de Caramiñal, Boiro, Rianxo, Catoira, Carril,…

Ver+

A praia da Concha-Compostela – Vilagarcía de Arousa

Foto: Praia de Compostela // Autor: De Luis Miguel Bugallo Sánchez- Wikipedia Vilagarcía, situada ó fondo da ría de Arousa, pode presumir de ter unhas praias de augas tranquilas e non demasiado frías, para o que é habitual nas rías galegas. O principal areal do municipio, distinguido ano tras ano coa Bandeira Azul da UE, é o da Concha-Compostela. Durante os meses de verán acoden diariamente a este areal non só veciños do municipio, senón xentes doutros concellos do interior, atraídas polas seus óptimos servicios e as boas comunicacións. De feito,…

Ver+

A lista máis negra: Galicia sofre 3 dos vertidos de petróleo máis importantes desde os anos 60

O desastre causado no Golfo de México pola explosión ocorrida nunha plataforma petrolífera da multinacional British Petroleum (BP) non é só a peor catástrofe ecolóxica ocorrida en EE UU, senón tamén un dos derrames de cru máis graves da historia, o que resulta especialmente significativo tendo en conta que non se trata, precisamente, dunha historia curta. Desde 1960, ano en que o buque Sinclair Petrolore derramou 66.528 toneladas de petróleo fronte á costa de Brasil, producíronse máis de 130 vertidos graves de petróleo en mares e ríos de todo o…

Ver+

A Illa Guidoiro Areoso …” a illa das Mámoas” Parte 2 (Ría Arousa – Pontevedra)

O espazo que hoxe é o illote do Areoso non se usou na prehistoria unicamente como lugar funerario. Diferentes grupos humanos frecuentárono, cando menos, desde o final do Neolíticoata momentos avanzados da Idade do Bronce. En todas as praias da zona sur aparecen abundantes restos arqueolóxicos esparexidos pola superficie, postos ao descuberto pola acción das mareas. Son fundamentalmente fragmentos de recipientes de cerámica, pero tamén ósos de animais e cunchas, é dicir, restos de comida. Ademais, J. M. Rey constatou na súa escavación que sobre a mámoa 2, unha vez…

Ver+

A Illa Guidoiro Areoso …” a illa das Mámoas” Parte 1 (Ría Arousa – Pontevedra)

Foto: Iago Pillado – Wikipedia A Illa do Guidoiro Areoso é un illote galego situado no interior da Ría de Arousa a 1,4 quilómetros ao oeste da Illa de Arousa. É o maior dos illotes que conforman o arquipélago de Rúa e Os Guidoiros (O Areoso e O Pedregoso) a pesar de que apenas ten 600 m de longo de norte a sur por 200 m no seu punto máis largo e só acada 9 m sobre o nivel do mar no seu punto máis alto. É un illote de case 9 hectáreas,…

Ver+

A Illa de Sálvora

Foto©Porgaliciabaixo A Illa de Sálvora xunto con Vionta e Noro pasaron ao longo da súa historia (do mesmo xeito que outras illas desta zona) de ser propiedade privada a pública. Desde o ano 2002 eran integrantes do Parque Nacional e Natural das Illas Atlánticas aínda sendo privadas, desde o ano 2008 a súa titularidade compártena a Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente, previo pago (por dereito de tenteo) da cantidade de 8,5 millóns de euros a Caixa Galicia, que á súa vez lla comprou ao seu propietario…

Ver+

A Illa de Cortegada

Foto©Porgaliciabaixo// Vista Illa de Cortegada desde Carril A Illa de Cortegada é quizá unha das máis descoñecidas do grupo que integran o Parque Nacional e Natural das Illas Atlánticas, dándose ademais a circunstancia de ser seguramente a que se atopa máis próxima á costa, xa que só a separan cento noventa metros de Santiago de Carril (Vilagarcía de Arousa). Cento noventa metros empregados na súa maioría á cría da famosa ameixa de Carril; é o chamado “Canle dos Viveiros”, cento noventa metros que fan franqueable a illa coa marea baixa.…

Ver+

A Illa de Arousa

Foto©Porgaliciabaixo Ten unha curiosidade a Illa de Arousa fronte a outras illas de Galicia, e é que por ela mesma é municipio. Atópase como moitas das súas irmás na provincia de Pontevedra. Está do mesmo xeito que A Toxa unida por unha ponte duns dous quilómetros de longo relativamente novo (de 1985); esta ponte revolucionou en parte a vida da illa en canto a comunicacións e turismo refírese, xa que antes só se podía acceder a ela en barco. Foi declarada Reserva Natural pola Unión Europea polas súas trinta e seis quilómetros…

Ver+

A Illa da Toxa Pequena

Foto: Wikipedia // Lameiro A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho. Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos…

Ver+

A traxedia do vapor-correo Santa Isabel – Illa de Sálvora

Reportaxe sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido nos baixos da Illa de Sálvora o 2 de xaneiro de 1921. Faleceron 213 persoas. Guión e dirección Xosé María Fernández Pazos. 1999 

Ver+

A illa de Sálvora será declarada Ben de Interese Cultural

As consellerías de Cultura e Medio Ambiente da Xunta de Galicia están a promover a declaración da illa de Sálvora como Ben de Interese Cultural. Segundo a Xunta, a illa cumpre os valores precisos para a declaración tanto desde o punto de vista natural (é reserva de diferentes especies tanto da flora como da fauna) como cultural (contén un conxunto de arquitecturas da sociedade agraria e mariñeira do século XIX e XX). A declaración BIC non supón un maior investimento na illa, senón unha maior regulamentación nos accesos e nos…

Ver+