Historia da Festa dos Fachós de Castro Caldelas

foto: wikipedia // loisrua +800.000  A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia , na liña doutros folións con fachas que aínda persisten. Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a…

Ver+

Roteiro pola Ribeira Sacra (Ourense- Lugo)

Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas: Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala. Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR O ROTEIRO

Ver+

Mosteiro Parador De Santo Estevo De Ribas De Sil

Foto: Wkipedia/  José Antonio Gil Martínez Antigo mosteiro benedictino situado na comarca de Ourense, ó norte do municipio de Nogueira de Ramuín, na ladeira meridional do río Sil. Aínda que se atribuíu a súa fundación a San Martín Dumiense no século VI, a primeira documentación conservada é un privilexio de Ordoño II do ano 921; nel autoriza ao abad Franquila a reconstruír o mosteiro, concedéndolle numerosas posesións. Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI…

Ver+

A Ribeira Sacra , delicia e recollemento no Sil

É unha zona fascinante da Galicia interior,  que sen dúbida é unha área turística de primeiro nivel. Na actualidade, xa é un destino elixido  por quen desexan gozar dunha paisaxe en estado puro. “A estrela” e “socio” constante deste traxecto é o río Sil, un caudaloso e longo río de 225 km de percorrido, que nace na provincia de León e que converxe co Miño algo máis abaixo do encoro de Os Peares. O Sil xa  interesou no seu momento aos romanos que buscaron pebidas de ouro na súa canle, cousa…

Ver+

O Río Sil

Foto©Porgaliciabaixo O Río Sil atópase unido ao Miño no seu destino como principal afluente, o refraneiro di aquilo de “O Sil leva a auga e o Miño a fama”. O certo é que o Sil tanto en caudal como en lonxitude supera ao Miño en máis ou menos uns vinte quilómetros. Aínda que é o maior afluente do tamén maior río galego, o Sil non nace en Galicia, faio en Pena Orniz na Cordilleira Cantábrica e a súa conca é de sete mil novecentos oitenta e dous quilómetros cadrados; cando se xuntan…

Ver+

Mosteiro De San Pedro De Rocas (Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo Atópase no Municipio de Esgos, nun enclave natural privilexiado (Ribeira Sacra). Este mosteiro ten unha peculiaridade, e é que está escavado na roca, sendo a única igrexa rupestre en Galicia. A súa antigüidade oficial parece ser que data do ano 573, segundo unha lápida atopada no Mosteiro na que se nomea ao bispo de Ourense Vitimaro, aínda que se cre que o mosteiro é máis antigo, seguramente dos primeiros tempos do cristianismo en Galicia. Atópase no Museo de Ourense, do mesmo xeito que un altar da primeira época do…

Ver+

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra.   O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías exteriores e interiores dos templos, a indicar se son totalmente romanicas ou se amosan trazas deste estilo. ¬VER MAPA NA WEB Segundo explican desde a entidade, esta publicación fai parte do proxecto de elaborar unha a guía do románico da Ribeira Sacra, e quere “axudar a divulgar este patrimonio…

Ver+

O Ballarete; a lingua dos afiadores e paragüeiros ourensáns

Foto: Monumento ao «afiador», en Nogueira de Ramuín (Orense)// Wkipedia – HombreDHojalata O outro día falabamos dá fala ou latín dos canteiros, hoxe o facemos da fala doutro vello oficio característico de Ourense (de afiadores e paragüeiros): O Barallete O barallete é a xiria ou xerga utilizada polos afiadores do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Esta xerga tamén era utilizada por músicos e por outros profesionais ambulantes, como follateiros ou paragüeiros ourensáns. Hai unha serie de trazos básicos que caracterizan o barallete: →Abundan os substantivos que designan as ferramentas do seu oficio, obxectos de uso…

Ver+