Sánchez Cantón: “O noso” director do Museo do Prado

Foto: Museo de Pontevedra Din del que era un home moi serio, formal e pouco extrovertido, e que se dulcificaba notablemente cando se falaba da súa querida Galicia. Todo lle interesaba da nosa terra e xa moi novo mostrou un interese intelectual por ela. De feito en 1910, con só 19 anos, nun certame rexional de Vigo, obtivo un premio polo seu traballo “Influencia de la literatura gallega en la nacional” Este pontevedrés que naceu na Boa Vila un 14 de xullo de 1891, e faleceu tamén nela no ano…

Ver+

Sánchez Cantón para o Día de Santiago de 1936

Foto:  Museo de Pontevedra Resulta practicamente descoñecido o feito de que Francisco Javier Sánchez Cantón, quen foi patrono fundador do Museo, ten obra en galego entre o grande volume dos seus traballos sobre os máis diversos temas. No arquivo documental custódiase a documentación que el lle legou no seu testamento. É por iso que conservamos correspondencia, guións de conferencias e mesmo algunha obra de creación literaria en lingua galega. Nesta sección queremos dar a coñecer un artigo que Valentín Paz Andrade lle pedira a Francisco Javier Sánchez Cantón para un número…

Ver+

Aquela «Nao» Que Saía Polo Corpus…

Grabado de Osterberger representando a visita dos Duques Durante moito tempo Pontevedra foi unha cidade de Corpus, xa que esta celebración relixiosa era  unha das máis características e de maior relevancia na cidade. Frei Martín Sarmiento deixou escrito que a súa primeira lembranza foi a dos xigantes que saían nesta procesión; o Pai Amoedo no seu «Carmem Patrium sive Pontevedra» rememora, nostálxico dende o exilio, o festexo na cidade do Lérez. Co tempo, esta celebración foi obxecto de comentario e estudo por escritores e investigadores tales coma Xoán Manuel Pintos,…

Ver+

O San Francisco do Panteón de Sanchez Cantón

Foto: Mateo Fontán Couto No Cemiterio de San Mauro de Pontevedra atópanse soterrados moitos ilustres personaxes, xunto a outros menos coñecidos, que “conmorren” de forma queda e silenciosa. Un destes afamados persoeiros é Francisco Javier Sánchez Cantón (1891-1971), enorme erudito que chegou, entre outros logros, a dirixir o Museo do Prado en Madrid, aínda que sempre adicou moito da súa obra e do seu tempo a Galicia e, de forma especial a Pontevedra, a súa cidade natal. No panteón de Sánchez Cantón podemos ver unha figura pétrea que representa a…

Ver+