Arranca o Entroido de Bueu cunha Exposición- Charla en homenaxe a Silvino Dopazo

O Entroido de Bueu arranca este sábado, 23 de febreiro, cunha exposición e charla – coloquio en homenaxe dunha das figuras máis emblemáticas desta festa na vila: Silvino Dopazo “O Cimarrón”, quen fora fundador da comparsa As Pirilleiras no 1963. Así, o historiador local Arturo Cidrás guiará no Centro Social do Mar un coloquio que falará da historia do Entroido en Bueu desde finais do século XIX ata hoxe, acompañado de fotografías e de referencias aos reis do Entroido, con figuras tan senlleiras como Manduca, Pepe Diz, Chapela, Eladio ou…

Ver+