Cineclube Pontevedra: «As pantasmas de Ismael»

Martes, 5 de febreiro as 20:30h no Teatro Principal de Pontevedra.  AS PANTASMAS DE ISMAEL [“Les Fantômes d’Ismaël”, Arnaud Desplechin, Francia, 2017, 135 min. Lingua: francés] Ismael (Mathieu Amalric) é director de cinema e está escribindo o guión dun novo filme inspirado na vida do seu irmán, un diplomático que na súa longametraxe vai ser tamén un espía. Leva xa dous anos saíndo con Silvia (Charlotte Gainsbourg), unha astrofísica que coñeceu nunha festa. Considérase viúvo, pois 21 anos atrás a súa esposa Carlota (Marion Cotillard) despareceu sen deixar rastro. A súa…

Ver+

O cómico italiano Leo Bassi achega ao Pontevedra o seu espectáculo ‘El último bufón’

Sábado 9 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal En “El último bufón”, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos…

Ver+

Nova estrea da Aula de Teatro do CIM . Pontevedra

A Concellería de Igualdade, que dirixe Carme Fouces, informa que a Aula de Teatro do CIM de Pontevedra estrea un novo espectáculo o vindeiro venres 25 de xaneiro no Teatro Principal. O pano subirase ás 21.00 horas para a representación de dúas pezas O Atraco e o Convento. A entrada ao espectáculo da aula teatral do Centro de Información e Asesoramento á Muller é de balde até completar aforo. As entradas poderán retirarse da billeteira do Principal dende unha hora antes do inicio da representación, dende as 20.00 horas.

Ver+

‘O que hai que facer para non ir ao mar’

25/02/2016 Teatro Principal (Rúa Paio Gómez Chariño, 6) 21:00 De balde Proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do teatro galego”. Un documental que homenaxea a Tuto Vázquez, Mariajo Mosteiro e o teatro galego recente Entrada de balde ata completar cabida. ¬VER ENTREVISTA SOBRE EL DOCUMENTAL AQUÍ Engadido 29 de Maio do 2017 Por mor deste documental, Iván Ferreiro compuxo a banda sonora de entrada, da famosa serie “Fariña”, que podedes escoitar a continuación no vídeo. (Publicado 23 Febreiro, 2016)

Ver+