“É un luxo competir na casa e como en todas as carreiras sairei a gañar”. Gómez Noya no Mundial de Triatlón de Pontevedra

Foto: MartinPutz / Wikipedia Javier Gómez Noya estivo presente hoxe no acto de presentación do patrocinio do Banco Santander como Tilte Sponsor do Campionato do Mundo Mutideporte (Mundial de Tríatlon) que se disputará en Pontevedra do 27 de abril ao 5 de maio, en conexión directa dende Nova Zelanda o día do seu 36 aniversario. Dende a oficina do Banco Santander na Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado onde tivo lugar a rolda de prensa, se lle coreou o “cumpreanos feliz” coa presenza do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, a directora da…

Ver+

Cursiños de formación para os voluntarios/as do Mundial de Tríatlon. Pontevedra

O prazo para anotarse como voluntario/a para o Mundial de Tríatlon Pontevedra 2019 está aberto até o vindeiro 31 de marzo. As persoas interesadas só teñen que rexistrarse en: https://pontevedra2019.org/itu/voluntariado/registro-de-voluntarios/ Co fin de mellorar a atención que poidan dar, ofréceselles as persoas xa inscritas os seguintes cursiños de formación: Deporte e Cultura, Información turística da Cidade. Venres, 22 de marzo. Horario de 17.00 a 19.00 horas Lugar: praza da Verdura Obxectivo: ampliar os coñecementos sobre a cidade, as súas curiosidades e patrimonio. Ademais aproveitarase a ruta para difundir o servizo…

Ver+

Pontevedra racha o récord de participación española nunha competición internacional

A participación de deportistas españois no mundial Multisport de tríatlon rondará as 800 persoas, cifra récord nas grandes competicións continentais ou mundiais disputadas ata o momento, ao que axuda a magnitude do evento que se celebrará entre o 27 de abril e o 4 de maio na cidade. Poñeránse en xogo os títulos de dúatlon, aquatlon tríatlon cross, tríatlon longa distancia e aquabike, coa presenza dos mellores especialistas de cada disciplina e distancia. Está ademáis asegurada a presenza de participantes procedentes dos cinco continentes para competir en Pontevedra. O número…

Ver+

Concello de Pontevedra e federacións acordan descargar de probas dos mundiais de Tríatlon a xornada electoral do 28 de abril

O Concello de Pontevedra e as Federacións de Tríatlon xa teñen consensuados os cambios dos circuítos das probas dos campionatos do mundo Multisport que se vían afectados pola convocatoria electoral do domingo 28 de abril. Cabe lembrar que o campionato desenvolverase entre o 26 de abril e o 4 de maio (as probas son os días 27, 28 e 30 de abril, e 2 e 4 de maio). Segundo comentou esta mañá a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, o que se buscaba era que afectase o menos posible…

Ver+

Modifícase o calendario do Tríatlon Multisport Pontevedra 2019 por as eleccións xerais do 28 de abril

A Organización do 2019 Pontevedra ITU Multisport World Championships, en coordinación coas autoridades competentes, decidiu facer un pequeno cambio no calendario das súas competicións para convivir xunto ás eleccións xerais convocadas para o domingo 28 de abril, data na que se tiña que celebrar o Mundial de Duathlon Standard e que obrigaba a importantes restricións na mobilidade urbana. Finalmente este Mundial de Duathlon Standard para a categoría elite e “grupos de idade” adiántase ao sábado 27 de abril a partir das 17 horas, mentres que para os júniors e Paratriathlon…

Ver+

A proxima semana comeza a divulgación do dispositivo de mobilidade polo Multisport de tríatlon

O Concello de Pontevedra iniciará a próxima semana os traballos de comunicación e divulgación dos operativos de mobilidade e de seguridade que se farán pola celebración dos campionatos do mundo Pontevedra Mutisport 2019 de tríatlon do 27 de abril ao 4 de maio. A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle explicaron esta mañá o traballo que se está a facer por parte do equipo que integra departamentos municipais como a Policía, Deportes, servizos…, ou as federacións, para que reducir ao…

Ver+

Quedan tres meses… Mundial Multideporte Pontevedra 2019

Só faltan tres meses para que comece o espectáculo das competicións do Mundial Multideporte 2019 en Pontevedra. Os mellores especialistas de Duatlón, Tríatlon Cros, Acuatlón, Aquabike y Tríatlon Longa Distancia, daranse cita na cidade galega para intentar acadar os títulos anuais de cada modalidade nunha contorna privilexiada. Na web da Federación Española de Triatlón podes atopar toda a información sobre as competicións: https://bit.ly/2SnN6f1 Tamén está dispoñible na web do evento: https:// pontevedra2019.org/itu Os circuítos das diferentes competicións están definidos e presentados con todos os detalles posíbeis de cara aos participantes…

Ver+

Trece infografías con mapas para guiar as carreiras do Mundial Multisport 2019. Pontevedra

Un total de 13 infografías con todos os datos precisos para o seguimento e a percepción de cada carreira do Multisport 2019 foron presentadas hoxe pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o autor do traballo, Xan Sabarís. Riveiro agradeceu “o magnífico traballo informativo, dirixido tanto aos deportistas como ao público en xeral” e declarouse orgullosa de que o traballo se fixese “na casa”. Mostrouse moi satisfeita co devalar dos preparativos do Multisport: “Iniciamos moi ben o ano co Campionato de España de Ciclocrós, nun gran ambiente e con moitísima…

Ver+

Gómez Noya: Corazón de Triatlón

Felices co premio Princesa de Asturias a Gómez Noya, un premio que leva merecendo hai moito tempo. É quizá un dos mellores deportistas de todos os tempos, e con orgullo vive e adestrase na nosa querida Pontevedra. Felicidades Campión! Francisco Javier Gómez Noya (Basilea, Suíza, 25 de marzo de 1983) é un triatleta profesional , nove veces número uno mundial segundo a Unión Internacional de Tríatlon, cinco veces campión mundial, nos anos 2008, 2010,  2013,  2014  e 2015,  medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012,  e catro veces…

Ver+

“Corazón de Campeones”: Gómez Noya desde Pontevedra

O triatleta Javier Gómez Noya perdeu a conta das veces que se subiu ao podio, aínda que si se sabe o número de mundiais que atesoura: cinco. Un pentacampeón que é xa, até o momento, o mellor triatleta da historia. O 19 de maio pasado, Javier Gómez Noya recibiu o apoio dos pontevedreses: levará dentro o seu latexado para competir na gran cita deportiva destes catro anos. Vídeo:” CorazónDeCampeones “con Javier Gómez Noya en Pontevedra

Ver+