Alcalde e reitor analizan as necesidades do campus da Xunqueira . Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa no marco dunha visita institucional e de traballo que o responsable da institución académica realizou ao Concello. Á reunión tamén se sumaron a concelleira de Universidade, Gloria Blanco, e do vicerreitor, Jorge Soto. No encontro abordaron diversos temas relativos ao campus universitario e á cidade como a necesidade de novos espazos ante a intención do Reitorado de solicitar novos graos para o campus local. De aí que analizasen as posibilidades edificatorias…

Ver+

Programa da MITEU (Maio). Mostra Internacional de Teatro Universitario. Ourense

  martes 7 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO ESPRESSIVO (COSTA RICA) ESPECTÁCULO: La construcción del muro [+ INFO] mércores 8 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: TEATRO LA POLEA (NICARAGUA) ESPECTÁCULO: La emigrante, la Nica [+INFO] 21’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: TEATR’UBI (PORTUGAL. COVILHÃ) ESPECTÁCULO: Cântico negro [+INFO] xoves 9 de maio 20’30 NO AUDITORIO MUNICIPAL GRUPO: ALBERTO SAN JUAN & FERNANDO EGOZCUE (MADRID) ESPECTÁCULO: España ingobernable [+INFO] venres 10 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL GRUPO: LOS PINCHES CHAMACOS (MÉXICO) ESPECTÁCULO: Papá está en la Atlántida [+INFO] 22’30 NO AUDITORIO MUNCIPAL GRUPO: TEATRO DEL BARRIO (MADRID) ESPECTÁCULO: La sección (Mujeres en el fascismo español) [+INFO] sábado 11 de maio 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL CLAUSURA DA XXIV MITEU Entrega de Premios do Xurado…

Ver+

Un test universitario permitirá aos triatletas coñecer o seu rendemento antes e despois das competicións . Pontevedra

Os campionatos do mundo de tríatlon de Pontevedra, que se disputarán entre os vindeiros 27 de abril e 4 de maio, ofrecerán aos deportistas a posibilidade de coñecer o seu rendemento neuromuscular antes e despois das súas competicións. Trátase dun estudo impulsado pola facultade de Ciencias do Deporte do Campus de Pontevedra que consiste en realizar un test dous días antes da competición, e comparalo con outro test que se realizará na liña de meta. Os datos, ademais de servir para o estudo comparativo que a universidade realiza a través…

Ver+

Pontevedra, protagonista do III Encontro A educación dende o compromiso do territorio no campus de Ourense

Pontevedra foi a protagonista absoluta esta mañá do III Encontro A educación dende o compromiso co territorio, que promove o CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Até o campus desprazouse o alcalde Miguel Fernández Lores quen como poñente principal compartiu, durante dúas horas, reflexións e debate con máis de 300 estudantes, tanto universitarios como de ciclos formativos vencellados á educación e á educación social. Fernández Lores expuxo as características do modelo Pontevedra, coñecido e recoñecido no mundo, por ter sido situado as persoas…

Ver+

Conferencia: “Pintura rupestre esquemática e as paisaxes marcadas do noroeste peninsular”. Ateneo de Ourense

Venres 29 , ás 20:00 horas por Beatriz Comendador Rei.    Dende hai mais dunha década, está aberta unha importante liña de investigación sobre o encontro de grandes tradicións de arte rupestre prehistórico no noroeste peninsular, que nestes dous últimos anos ven a ser reforzada polo achado de sitios con Pintura Rupestre Esquemática ou Arte Esquemático Pintado nas áreas surorientais de Galicia, e que confirma o seu enorme potencial. Esta conferencia mostrará un panorama integrado destes achados, tendo en conta o conxunto das manifestacións de arte rupestre da totalidade do noroeste…

Ver+

Acordo de colaboración entre Concello de Marín e Universidade de Vigo

Universidade de Vigo e Concello de Marín asinaron este venres un convenio marco de colaboración co propósito de promover a cooperación entre ambas institucións e “coordinar esforzos”, como salientou a alcaldesa deste localidade, María Ramallo, tras asinar, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, este acordo marco que ten unha duración de catro anos. “Como institución que ten que velar polos intereses públicos, estamos encantados das vías de colaboración que se abren con este convenio”, engadiu Reigosa, quen lembrou a proximidade de Marín ao campus de Pontevedra, así…

Ver+

Homenaxe a Díaz Pardo no Día da Galeguidade Empresarial. Pontevedra

Pontevedra viviu o pasado sábado, 26 de xaneiro, a descuberta dunha escultura en homenaxe ao galeguista, artista e empresario Isaac Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade empresarial organizado polo Foro Enrique Peinador, co patrocinio do Concello de Pontevedra, que estivo representado na figura do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. A descuberta foi nos xardíns de Enrique Marescot, fronte á facultade de Belas Artes. O monumento leva colocado unha placa na que se pode ler: “Cando os anos me venzan, xa descomposto todo e farto de facer todo o…

Ver+

Historia, arquitectura e arte para afondar na Memoria industrial en Galicia . Pontevedra

Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade é o triplo obxectivo que hai detrás da exposición fotográfica “Memoria industrial en Galicia” que se pode ver, até o 24 de febreiro, na sala de exposicións do Pazo da Cultura. A mostra de José Chas vai máis alá dunha experiencia estético-artístico e é por iso polo que leva arredor propostas como a charla-coloquio. A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio…

Ver+