Foto: Concello de Verín O proxecto Camiños de Terra, unha iniciativa impulsada por Pixel Audiovisuais e MundiNova Consultores de Comunicación, e na que colabora o Concello de Verín, que consiste na gravación dun documental que narrará a viaxe de Galicia a Galitzia (Polonia) nunha caravana vintage autosostenible. Ademais, durante a viaxe promocionarase a provincia de Ourense como destino turístico e termal e a candidatura de Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Á presentación do proxecto asistiron o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador do proxecto…
Ver+Etiqueta: Verín
Verín: natural como as súas augas
Foto: Aguas de Sousas Das augas vai o asunto e por tanto falaremos das súas fontes e balnearios. O primeiro dos balnearios que visitamos é o de Cabreiroá que está situado máis ou menos 1 km do centro histórico de Verín. As augas deste manancial foron declarados de utilidade pública no ano 1906. O gran impulsor deste espazo termal, foi o empresario José García Barbón que xunto co certificado emitido por Ramón y Cajal en relación ás propiedades curativas das augas darán o impulso definitivo para construír o balneario en…
Ver+Aberta a tenda oficial do Entroido 2019. Verín
O Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos. Na tenda, que abrirá en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, veciños e visitantes poderán adquirir sudaderas, camisetas, panos, bragas, cuncas e chapas; todos eles, co emblema identificativo do Entroido de Verín 2019.
Ver+Exposición “Entroido é todo” de Aurora López. Verín
Foto: Concello de Verín Até o día 8 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Vintesete obras, asinadas co seu nome de pía ou co de Tirabeke (que utiliza como deseñadora), compoñen esta exposición monográfica sobre o tema Entroido que está aberta de luns a venres das 16:30 ás 20 h. A mostra ofrécenos unha viaxe rápida e sucinta polos distintos aspectos nos que a pintora e deseñadora de Albarellos de Monterrei aplica a súa creatividade sobre a festa máis…
Ver+Programa Entroido Verín 2019
Dende o 21 de Febreiro ao 10 de Marzo, as rúas e prazas de Verín acollen a celebración do Entroido 2019, unha das celebracións máis ancestrais e participativas de Galicia, que foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2009. PROGRAMA OFICIAL XOVES DE COMPADRES (21 de febreiro) Os “compadres”, dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os “compadres” percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas,…
Ver+Verín acolle dúas mostras na Sala de Exposicións
Desde o 29 de xaneiro, a Sala de Exposicións de Verín acolle as exposicións “OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”, ata o día 14, e “15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE”, ata o día 7 de febreiro. Coa finalidade de divulgar os 17 obxectivos que se pretenden conseguir até o ano 2030, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (no que participa o Concello de Verín) reuniu a 15 debuxantes de Galicia, Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau para que realizasen 17 viñetas, unha por cada un…
Ver+Sesión de cinema de venres a domingo en Verín
Durante os días 1, 2 e 3 de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “El gran baño” e “La gran aventura de los Lunnis y el libro mágico” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: 01-02-19: EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h 02-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00 e 19:00 horas EL GRAN BAÑO: 22:00 h. 03-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00 h EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h. Entradas…
Ver+Entroido Verín 2019
+Info Carnaval de Verín
Ver+Aberto o plazo de inscrición para o Bautizo do Cigarrón Entroido 2019. Verín
Aberto o plazo de inscrición para aqueles que queiran participar neste evento o sábado 02 de marzo do 2019, na praza da Merced de Verín, a partir das 16:00h, sen límite de idade, con límite de rexistro. Os interesados deberán enviar un correo electrónico a ocigarron@gmail.com co nome completo, data de nacemento e número de teléfono. Deben ir acompañados para vestirse e recibir a bendición como cigarrón. Durante este evento, haberá un monólogo, o bautizo do cigarrón, unha ofrenda na praza do cigarrón, reparto gratuito de bica e algún espirituoso,…
Ver+Deseñado o Cartel Oficial do “Desfile Infantil” do Entroido 2019 de Verín
O CPR María Inmaculada deseña o cartel oficial que representará o vindeiro ‘Desfile Infantil’ do Entroido 2019, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín. Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, nesta ocasión, o CPR María Inmaculada. Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudiña; os…
Ver+Polas terras da D.O. Monterrei
Monterrei, dominado pola súa cidade-fortaleza, e Verín, terra de entroidos ancestrais, mostrarannos os segredos do viño da máis xove denominación de orixe galega. A beleza e monumentalidade do Val de Monterrei Propoñémosvos chegar a primeira hora da tarde ao Val de Monterrei, na marxe do río Támega. Estamos na zona suroriental da provincia de Ourense, moi preto de Portugal. Tras deixar as maletas no hotel comezaremos esta aventura enoturística explorando as fermosas poboacións do val. A parroquia de Vilaza, no concello de Monterrei, resulta un excelente punto de partida, pola súa proximidade ao enlace…
Ver+