Historia da Festa dos Fachós de Castro Caldelas

foto: wikipedia // loisrua +800.000  A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia , na liña doutros folións con fachas que aínda persisten. Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a…

Ver+

Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’. Fundación Vicente Risco

Sábado 19 de xaneiro, ás 12:00h na Fundación Vicente Risco en Allariz Presentación do libro ‘Estado Crítico 3. 11 curador*s 11 artistas’, da colección ‘alterarte’, que servirá, asemade, como inauguración da exposición dalgunhas obras dos 11 artistas participantes no libro, e que poderá visitarse no horario habitual de apertura, sábados e domingos de 12h a 14h. Curador*s e artistas participantes no libro: Yolanda Barriocanal + Ramón Conde Lola Dopico + Malania Freire Alberto Ruíz de Samaniego + Eduardo Outeiro Almudena Fernández Fariña + Paz de la Calzada Juan Luis Moraza…

Ver+

O Grupo NÓS

Coñécese así ao grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista NÓS, que perviviu ata 1936. O grupo estaba composto entre outros por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Dieguez, Florentino López Cuevillas… Sobre o nome elixido para a revista, hai dúas teorías: Unha delas suscita que o nome foi escollido por Castelao, xa que ademais era o director artístico e o encargado de deseñar as portadas da publicación. A outra teoría que manteñen outros autores, explica que foi Vicente Risco quen optou por ese nome de cabecera,…

Ver+

O Cenáculo Ourensán

Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco. O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que “el que quiera ser leído que escriba en castellano”. De todos os xeitos,…

Ver+

Prensa Galega: “La Zarpa”

Foto: Bibliotecas de Galicia La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto. En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas…

Ver+

Editorial Céltiga

Foto: Wikipedia Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á poesía. Foi pechada na ditadura de Primo de Rivera en 1923. O equipo directivo estaba formado polo fundador e director Xaime Quintanilla Martínez, o secretario Fiz Álvarez do Castelo, o administrador Manoel Morgado e o xerente Ramón Villar Ponte. Contou como colaboradores cos personaxes máis representativos e máis comprometidos do momento coa defensa do galego como lingua de cultura:Vicente…

Ver+