A Provincia de Pontevedra

Foto©Porgaliciabaixo/ Praza da Ferraría de Pontevedra A provincia de Pontevedra, como ben todos saben é unha das provincias galegas situada no noroeste da Península Ibérica, ao sudoeste da Comunidade Autónoma de Galicia. A capital da mesma é a cidade de Pontevedra. A súa poboación está en torno dos 951.000 habitantes segundo datos do INE. Forman parte desta provincia 62 municipios, sendo os máis relevantes por poboación, Pontevedra capital e Vigo. Seguíndolles en importantes concentracións de habitantes Marín, Poio, Moaña, Cangas, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Ponteareas , A Estrada, Lalín…

Ver+

O Río Gafos

O Río dos Gafos é o outro río que desemboca (xunto co Lérez) na ría pontevedresa, na cidade e capital da provincia; Pontevedra. De feito a súa ponte nas proximidades da súa unión co mar, xunto ca Ponte do Burgo do río Lérez foi o que pudo facer   acuñar o termo de “Ad Duos Pontes” á poboación de Pontevedra en tempo dos romanos. Tamén existe a teoría sobre que por un das súas pontes pasaba unha calzada romana que ía de Tui a Padrón; a discusión non está clara e quizá este discorrese pola Ponte do Burgo,…

Ver+

O Lago de Castiñeiras: un pequeno paraíso a un paso de Pontevedra

Foto©Porgaliciabaixo A zona de Cotorredondo cunha altitude de 550 metros sobre o nivel do mar, é un dos máis fermosos parques da zoa e coa mellor situación xeográfica. A súa gran amplitude esténdese polo territorio de Vilaboa , Marín e Moaña. Nesta parque natural atopámonos co famoso Lago de Castiñeiras, pertencendo a metade a Vilaboa e a outra metade a Marín. A contorna constitúe unha importante zoa de refuxio e cría para moitas especies de animais silvestres. O Parque da Natureza de Cotorredondo estructurase ó redor do Lago e os…

Ver+

Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

Non é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador…

Ver+

Pontevedra: culto á pedra, desde a prehistoria

Foto: Petroglifo Mogor/wikipedia/Lansbricae Poucas terras conservan semellante abundancia de vestixios da prehistoria como estas de Pontevedra, que abarcan desde o Neolítico e sobre todo o Megalítico, até os tempos castrexos e inicios da ocupación romana. A ampla e variada relación de petróglifos atopados nos montículos de Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa vese complementado polas mámoas megalíticas e os castros que, en cuantioso número, modifican delicadamente a orografía. En conxunto, todos estes restos favoreceron a transmisión dunha rica tradición popular que asocia a estas pegadas do pasado…

Ver+

Visitando o Entroido de Cobres (Festa de Interese Turístico de Galicia)

Foto: Entroido de Cobres No municipio de Vilaboa, nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina, celébrase o famoso Entroido de Cobres, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Nestas parroquias que miran cara á Enseada de San Simón segue vivo un Entroido de fondas raíces medievais, con tradicións relacionadas cos gremios das xentes do mar. Os protagonistas absolutos do Entroido de Cobres son as madamas (mozas) e os galáns (mozos). Durante varios días, madamas e galáns percorren as casas do municipio integrados en comparsas. Cada unha das comparsas fórmana catro…

Ver+

La fortaleza o Castillo de Cedofeita

Foto: Facilitada por el autor del artículo En la historia de nuestra ciudad se hace referencia en varios escritos antiguos a la fortaleza de Cedofeita. Situada en la vecina localidad de Lérez, esta fortaleza, parece ser que junto con unos restos de una torre encontrados en Campañó y otra en el Castrove estaban destinados a labores de vigilancia para defender los lindes del arzobispado y así evitar invasiones del territorio alla por los siglos IX-X-XI. En marzo de 1479 entraron en Galicia, desde Portugal 300 lanceros y 5.000 infantes al…

Ver+

A Deputación aproba máis de medio millón de euros de axudas para crear novos parques forestais en 18 concellos da provincia – Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o reparto de máis de 519.900 euros en axudas a concellos para crear novos parques forestais na provincia de Pontevedra. Segundo explicou o vicepresidente César Mosquera beneficiaranse 18 concellos que poderán tanto redactar proxectos como executar actuacións zonas de monte diferentes. O vicepresidente destacou que a aprobación destas subvencións é unha mostra máis do compromiso da Deputación de Pontevedra coa mellora do monte na provincia, cuxa situación preocupa ao responsable nacionalista, que insiste en cualificar o seu estado como…

Ver+