Un mes de descubrimientos en Castro de Alobre

(Publicado 15 de marzo, 2016) Os arqueólogos da Deputación que traballan no castro de Vilagarcía acharon cerámicas de importación, dous acus crinalis, varios fragmentos de pinzas e catrofíbulas. Xa pasou un mes desde que o equipo de arqueólogos da Deputación de Pontevedra comezase os traballos no Castro de Alobre, en Vilagarcía de Arousa. Agora os técnicos están a sacar as primeiras conclusións, que levan por afirmar que existen varios niveis de ocupación, documentándose un cuncheiro que amortiza unha estrutura anterior e elementos construtivos posteriores á formación do depósito de cunchas.…

Ver+

A traxedia do vapor-correo Santa Isabel – Illa de Sálvora

Reportaxe sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido nos baixos da Illa de Sálvora o 2 de xaneiro de 1921. Faleceron 213 persoas. Guión e dirección Xosé María Fernández Pazos. 1999 

Ver+

Historia da Festa da Ameixa de Carril

A Festa da Ameixa de Carril, naceu en 1992 por iniciativa da Agrupación de produtores de parques de cultivo de Carril, co fin de promocionar o famoso bivalvo, así como para divulgar e pór en valor a actividade marisqueira, á vez que promove o turismo gastronómico da zona e atrae a miles de visitantes. Celébrase todos os anos organizada polas dúas organizacións representativas do sector, a Agrupación de produtores de parques de cultivo de Carril e a Confraría de pescadores Santiago Apóstolo de Carril. Nestes 23 anos de vida da…

Ver+

Cómo son as festas de Vilagarcía de Arousa? Móllate!!!

As festas patronais de Vilagarcía celébranse durante 10 días en torno ó 16 de agosto, festividade de San Roque. Neste día teñen lugar dúas festas sucesivamente. A primeira, de carácter relixioso, comeza coa misa solemne e a saída do santo en procesión dende a Igrexa Parroquial ata a capela que leva o seu nome. Miles de fieles acompañan ó santo de Montpellier neste percorrido, que a imaxe realiza movéndose ó son do pasodobre “Triunfo”. Pola tarde o traxecto faise á inversa, a ritmo moito máis pausado. A parte lúdica da…

Ver+

Os cruceiros costeiros nas Rías Baixas captaron 1.400 pasaxeiros na primeira temporada

O proxecto “Cruceiros costeiros”, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e de Turismo de Galicia a finais do pasado ano, conseguiu captar máis de 1.400 pasaxeiros na súa primeira tempada de actividade.  Así o comunicaron o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, na estación marítima de Baiona, onde fixeron balance deste proxecto piloto que promove circuítos turísticos de curto percorrido polas Rías Baixas en embarcacións de pequena capacidade como catamaráns ou veleiros.…

Ver+

Obra de Ramón Conde en Pontevedra

Obra: “Fiel Contraste” // Foto: Porgaliciabaixo Nado na cidade de Ourense o 18 de decembro de 1951, Ramón Conde é un referente da escultura contemporánea española; dono dunha linguaxe propia e atrainte que fala dende a plena expresión artística baixo un tratamento coidado e “científico”. Estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela –non rematou a carreira aínda que nutriuse de moitas experiencias e consolidou un sistema de coñecemento autodidacta–, a súa obra e primeiras exposicións se verían influídas pola psicanálise. A obra de Ramón Conde será, polo tanto,…

Ver+