Arte e moda no 1º andar do Mercado de Pontevedra. Sétima Feira

O primeiro andar do mercado de abastos encherase de novo de moda, arte e deseño o vindeiro sábado 13 de abril. Unha nova edición de Sétima Feira, o mercado alternativo de Pontevedra, ocupará este espazo renovado, a “súa sede natural” como o ten definido a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.

A cita coa Sétima Feira incluirá, como é habitual, actuacións musicais, obradoiros infantís e oferta gastronómica.

As persoas que se acheguen o sábado até o primeiro andar do mercado, de 11.00 a 15.00 horas, atoparanse coas propostas das seguintes firmas:

  • Beeh Sweet
  • CULEBRA
  • DAS MIÑAS MANS
  • GuiBag
  • Índica & Nórdica
  • LaChapera
  • Más De Campo Que Las Amapolas
  • Mico Textil
  • Mundaya
  • Noaltodopoleiro
  • Sariusvecouture
  • Sucede
  • TAYONE
  • Wakau Atlantic Coast

A música estará presente na vindeira edición de Sétima Feira da man de Rebel Spirit, Alan e Estudo Bonobo DJs e a oferta gastronomía da de Cookela.

Como sempre a cativada ten o seu oco neste mercado alternativo de moda e arte. SétimaInfantil proponlles nesta ocasión un obradoiro de creación e gravación de música electrónica. Haberá catro quendas, cada unha delas de 45 minutos, a partir das 11.00 horas.

O obradoiro infantil é de balde. A participación é por inscrición no email setimafeira@pontevedra.gal indicando os vosos datos e a quenda correspondente ou por orde de chegada o día da actividade.

Comparte!!!

Relacionados