As Burgas de Ourense e a súa piscina termal

Nas Burgas temos que facer dúas referencias; aos propios mananciais e á moderna piscina termal que alí se atopa.

Situadas no centro de Ourense, na súa zona histórica, a escasos metros da Praza Maior, e á beira da Alameda. Símbolo de Ourense, xunto coa súa catedral e a ponte romana, as Burgas foron declaradas en 1975 Conxunto Histórico Artístico e Ben de Interese Cultural no 2007.

Son tres os mananciais que vemos brotar nas fontes das Burgas:

-A Burga de Arriba: do século XVII; a máis antiga.

-A Burga do Medio: a máis próxima ao muro máis moderna.

-A Burga de Abaixo: do século XIX, neoclásica cunha pila labrada no centro co seu cano de auga; e outros dous canos aos lados.

Non hai que esquecer a orixe romana de Ourense, e nestas Burgas, onde poderemos ver as réplicas das Aras romanas atopadas en Ourense no seu momento, feitas en honra ás Ninfas destes mananciais, pagas e encargadas por Calpurnia Abana Aeboso, famosa romana coñecida como a primeira habitante da cidade auriense.

Doutra banda temos a gran piscina termal das Burgas inaugurada no 2010, unhas modernas instalacións, situadas ás costas das fontes dos mananciais.

As augas manan a unha temperatura entre os 60º e  67º adaptadas para o baño a 37º.

É a mellor maneira de gozar do relax e o pracer dun baño termal, en pleno corazón da cidade na zona histórica.

 

Comparte!!!

Relacionados