As obras de sostemento urbano chegan ao barrio de Monte Porreiro – Pontevedra

Foto Wikipedia /Chefprovlieu

A brigada municipal trasladouse esta semana ao barrio de Monte Porreiro para realizar labores de sostemento do espazo público, seguindo a planificación de traballo fixada cara finais de ano, que comezou polas rúas máis céntricas da cidade. Os dous equipos (un traballa a pedra e outro a lousa) están reparando todos os itinerarios peonís que teñen algún elemento en mal estado.

Trátase dun labor intenso, que se complica polo elevado tránsito de peóns nas rúas que obriga, nalgúns casos, aos traballadores das brigadas a ter que retirar o lousado, cortalo nas dependencias municipais e trasladalo logo á rúa ou praza que se está a reparar. Aínda que supón máis tempo, ocasiona menos molestias entre os veciños e peóns.

Comparte!!!

Relacionados