Asemblea en Campañó para presentar a segunda fase do saneamento. Pontevedra

O Concello de Pontevedra convoca esta tarde unha asemblea para presentar un novo proxecto de saneamento no rural. Nesta ocasión é no Local social de Sabarís, parroquia de Campañó, a partir das 20.30 horas na que estarán os concelleiros Raimundo González e Pilar Comesaña, responsables do Ciclo da Auga e da parroquia de Campañó, respectivamente, e técnicos da empresa Viaqua, responsable da execución da obra.

Alí están convocados os veciños dos lugares de A Galiana, Corredoira, Soutonovo, Avieiros, Sabarís, A Cañota, Ferreiros e unha parte de Moldes para coñecer o proxecto que terá un custe de 1.818.000 euros e obrigará a instalar 6.250 metros lineais de tubaxes e 180 pozos de rexistro. Dará servizo de 108 vivendas.

Este é o segundo proxecto de saneamento que se presenta en Campañó e que permitirá completar a rede de sumidoiros de toda a parroquia. O primeiro ofrecerá servizo aos lugares de Freixo, Moldes e Campañó de arriba e ten un custe de máis de 2 millóns de euros. O investimento total na parroquia de Campañó para completar o seu saneamento será de 4.122.000 euros.

 

Comparte!!!

Relacionados