Lores e Nuñez Feijoo inauguran o edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal. Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores salientou esta que chegar a acordos e a entendementos con outras administracións “é o camiño correcto” nas relacións entre os executivos, e exemplo dese acordo é a inauguración da rehabilitación do edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, que se realizou  coa presenza do alcalde e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez. Logo dunha visita polo edificio, o alcalde dixo estar satisfeito polo resultado xa que o inmoble “era un activo da cidade que estaba en situación de…

Ver+

Danza no Claustro de San Francisco nesta semana. Ourense

O Claustro de San Francisco acolle, o xoves e o venres desta semana, a sétima edición de ‘Danza no Claustro’, unha proposta escénica exclusiva na que artistas internacionais e locais habitarán este espazo gótico, e compartindo os seus coñecementos e experiencia. Organizado por Erick Jiménez e Maruxa Salas (Solodos) e coa colaboración da Concellería de Cultura, os espectáculos serán ás 20:30 horas con acceso aberto e gratuíto. En total, son sete as compañías que participarán no Danza no Claustro 2019. Proveñen de España, Portugal, México e Costa Rica, e entre…

Ver+

Campaña “O que se enchufa, recíclase”. Allariz

Un autobús dos recoñecidos Bolechas e dúas carpas informativas instalaranse, os días 20 e 21 de xuño, na estación de autobuses de Allariz. A iniciativa responde á  campaña “O que se enchufa, recíclase” de concienciación para fomentar a correcta xestión e a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). O xoves e venres instalarase, na estación de autobuses un posto informativo para darnos a coñecer as nosas obrigas e dereitos en relación á xestión e reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos. Ademais o público infantil tamén terá o seu espazo no bus dos BOLECHAS, que colaboran…

Ver+

Festa das Alfombras Florais de Bueu

22 – 23 de xuño A programación inclúe música da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a orquestra Johnny Maquinaria, ademais dos tradicionais actos relixiosos e os tapices florais inspirados na música O Concello de Bueu solicitou o deseño do cartel ao artista local Luís Davila, quen o define como “unha composición tipográfica, de vertente pictórica que lembra o espírito das alfombras” Máis de cincuenta alfombras encherán de cor e arte as rúas da vila de Bueu con motivo da celebración da Festa das Alfombras do Corpus,…

Ver+

Faro da Illa de Tambo

A construción do faro de Tambo, tamén chamado o faro de Tenlo Chico, aprobouse en xuño de 1916 dentro do plan xeral de balizamento da Ría de Marín e Pontevedra, cunha luz branca de ocultacións equidistantes, para que servise de enfilación aos barcos que buscasen o porto de Marín. A súa construción prolongouse ao longo de dous anos, e luciu por primeira vez en 1922. A Súa Luz É unha luz nova, de apenas medio século, levantada en 1955 cunha óptica dióptrica de 375 milímetros de diámetros, con dobre quemador…

Ver+

O Monte do Facho: Terra Santa Galega

Foto©Porgaliciabaixo O Monte do Facho (Hío, Cangas do Morrazo – Pontevedra) é moi coñecido polos seus espectaculares vistas, polas súas escavacións, o seu castro, e pola existencia dun santuario galaicorromano. Nos últimos tempos déronse novidades sobre este tema, da man do arqueólogo José Suárez. O seu traballo fálanos da secuencia cultural desta escavación, comezando segundo argumenta na época do Bronce, asentándose daquela unha poboación no castro; o episodio da época galaicorromana tardía entre os séculos III ó V, e finalmente este monte foi utilizado como enclave de vixilancia costeira pola…

Ver+

Marín; dos petróglifos á Escola Naval

Ten antigas orixes, tense constancia de poboados celtas sobre o s.500 a. de C., na zona coñecida como “Porteliña”, miradoiro natural sobre o Val de Marín e a ría. Doutra banda nesta zona hai presenza de dólmenes importantes, algún con lenda ás súas costas, como o de “Casa dos Lobos” preto de Sobreira, no que se di que no seu interior había tesouros, lenda esta moi común relativa a dólmenes e os “mouros”. Doutra banda en Mogor tamén existen vestixios destas antigas orixes, e podémolos ver nos seus petróglifos; o máis…

Ver+

O proxecto para a rehabilitación das termas da Chavasqueira entra no rexistro do Concello de Ourense

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal. A presentación do proxecto realizase case un mes despois do incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos. A empresa concesionaria,…

Ver+