Bueu continúa coa celebración do Entroido

O pasado sábado, 2 de marzo, o Concello de Bueu organizou, entre outros eventos, un concurso de disfraces para adultos na carpa da Praza Massó. Foi unha noite de festa amenizada pola Discocleta, e na que resultaron gañadores/as: na categoría de grupo, o primeiro premio foi para os “Africanos Zulús” e o 2º para “Manolo e Concha”, mentres que na modalidade individual, o 1º recaeu en “A marquesa das alfombras” e o 2º en “Carneiro”. Os premios consistiron en vales de compra para o comercio local, para o que se contou coa colaboración de FECIMO.

Así mesmo, de luns a mércores pola mañá, celebraranse na carpa obradoiros infantís nos que os pequenos e pequenas de entre 4 e 12 anos poderán gozar de diversos xogos e diversión relacionada coa época. Estas actividades, que se desenvolverán de 11 a 13 h, non precisan de inscrición previa.

Ademais, pola tarde, o foco estará posto no lugar da Morada, en Meiro, onde a Asociación de Veciños A Morada celebrará a tradicional Filloada, na que a partir das catro se poderán degustar  filloas e ver a actuación das comparsas da vila. Así mesmo, no espazo da Casa da Aldea, o ilustrador local Marc Taeger impartirá un obradoiro de máscaras e contacontos para os máis pequenos e pequenas.

Comparte!!!

Relacionados