Cabos Soltos. Unha nova aposta pola escena creativa emerxente. Pontevedra

O Concello pon en marcha Cabos Soltos, un novo programa que nace co obxectivo de darlle pulo á escena creativa emerxente de Pontevedra, de activar as salas e os locais de hostalería da cidade para que, ademais de ofrecer o servizo para o que están autorizados, apoien a creación local.

Unha gran festa-presentación de tres días -21, 22 e 23 de marzo- na que participarán arredor de 40 bandas e artistas en 25 establecementos hostaleiros – marcará o inicio de Cabos Soltos. Unha iniciativa que vai a permitir contar cun catálogo de locais abertos á cultura, outro de artistas coas súas propostas e un boletín ao día como ferramentas para dar a coñecer  que se move na cidade.

A presentación de Cabos Soltos inclúe tamén unhas xornadas técnicas  nas que se analizarán e debaterán distintos aspectos da produción musical da man de profesionais de gran prestixio. Enriba de mesa cuestións do tipo: como monetizar o traballo creativo, o cambio no modelo de negocio musical, criterios programáticos das salas e festivais para ofrecer concertos en directo ou os dereitos laborais dos artistas.

As xornadas terán lugar na Casa da Luz, os días 21 e 22 de marzo. Son gratuítas mais con inscrición previa na web do Concello.

 ⇒ VER / DESCARGAR PROGRAMA XORNADAS TÉCNICAS

⇒ VER +INFO E PROGRAMA DAS ACTUACIÓNS

Comparte!!!

Relacionados