Cambios de horarios nos Museos Municipais de Allariz

Os museos de Allariz reabren as súas portas este sábado 9 de febreiro logo dun parón para mantemento e mellora.

O Museo Galego do Xoguete, o Museo da Moda de Allariz e o Museo do Coiro mudarán o seu horario a partir deste mes de febreiro e abrirán sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h.

Na tempada alta, en verán (xullo e agosto) e durante a Semana Santa e as pontes festivas, os horarios amplían os seu horario para atender a maior demanda e abrirán todos os días, exceptuando os luns no verán, e horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 20:00h.

Horario de verán – xullo e agosto todos os días excepto luns de 11 a 14 e de 18 a 20

Comparte!!!

Relacionados