Campañó inaugura Ponteandadas-2019. Pontevedra

Un roteiro circular de 12 quilómetros, e dificultade media-alta inaugura o vindeiro domingo 7 de abril a nova edición de Ponteandadas, unha iniciativa na que van da man a Concellería de Deportes e Naturgaliza Club.

O punto de encontro para o arranque da andaina terá lugar na igrexa de San Pedro de Campañó, ás 10.00 horas.

As persoas interesadas en sumarse a esta proposta deportiva están a tempo de inscribirse no enderezo electrónico ponteandadas@gmail.com o no teléfono 625482636. As inscricións poden facerse para cada unha das rutas da tempada ou para todas xuntas.

Ponteandadas conxuga a práctica da actividade física co goce do patrimonio natural e cultural e na edición de 2019 introduce novidades como a celebración de charlas-debate sobre sendeirismo e saúde ou a convocatoria dunha andaina “extrem”, de 31 quilómetros.

¬+INFO CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados