Chega Ponteguapa. Para encher Pontevedra de cor

Encher os balcóns e as fiestras de cor, luz e alegría é un dos eixos da campaña Ponteguapa, coa que Pontevedra daralle a benvida á primavera. Ao abeiro desta iniciativa a Concellería de Parques, Xardíns e Medio Ambiente Natural repartirá plantas entre a veciñanza para que adornen as casas, unha repartición que se fará en cinco quendas e de xeito festivo, arroupadas con obradoiros infantís de flores de origami e material de refugallo, contacontos e actuacións musicais.

En total entregaranse 4.000 plantas das variedades petunias, calibrachoa, margaridas e perlagonium (xeranios).

As dúas primeiras quendas están á volta:

  • Venres 29 de marzo, ás 18.00 horas na Praza Peregrina.
  • Sábado 30 de marzo, ás 11.00 horas na Rúa Virxe do Camiño

Ponte Guapa inclúe actividades ludico-formativas sobre coidado de plantas e ornamentación de balcóns, unha exposición de bonsais, a creación dunha escultura en vivo a partir do tronco de cedro.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA 

Comparte!!!

Relacionados