Ciclo ‘Música do Camiño’. Santa Eufemia acolle tres concertos. Ourense

A Concellería de Cultura presenta, para as vindeiras tres fines de semana, o ciclo Música do Camiño, “unha actividade que quere dinamizar a vida cultural e social da nosa cidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, “que pretende unir o noso patrimonio físico e monumental coas músicas que chegan á cidade grazas á nosa incomparable posición dentro das rutas a Santiago de Compostela”, dixo.

“O Concello de Ourense ten a obriga de promover unha oferta variada no musical, e de calidade”, adiantaba Anxo F. Saborido, técnico de Cultura, na rolda de prensa. “Unha oferta que non é de masas, por iso se celebra nun lugar axeitado como é a Igrexa de Santa Eufemia”, matizaba.

O primeiro concerto, este venres 29 de marzo, será ‘Stabat Mater’, a cargo do trío Orsini, Alicerce e Dapena, con música de Haydn ou Boccherini.

O venres 5 de abril será a quenda do ‘Senhora del Mundo’, música relixiosa e profana do Renacemento a cargo de Camerata Piú Bassa.

O último concerto será o sábado 13 de abril, ‘Salve Regina’, a mans de The New Barroque Times, un conxunto que explora e reinventa o universo sonoro dos séculos XVII e XVIII empregando instrumentos e prácticas da época.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

Comparte!!!

Relacionados