Colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro coa Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Fundación Celso Emilio Ferreiro, da man de Luís Ferreiro, fixo entrega esta semana ó presidente da Fundación Curros Enríquez de sete exemplares numerados da edición non venal do poema “Miña matria galega” de Celso Emilio dentro do clima de colaboración entre ambas entidades.

“Miña matria galega” foi o poema galardoado co premio Rosalía na modalidade de Canto a Muller Galega nos Xogos Florais do Idioma Galego de Bós Aires en 1968. Esta versión foi publicada pola Editorial “NOS” de Bós Aires en 1969.

Transmitimos o agradecemento da Fundación Curros Enríquez por esta colaboración, xa que soamente foron tirados e numerados 600 exemplares, que ademáis se presentan nun formato especialmente coidado.

Comparte!!!

Relacionados