Coleroteiros: Programa Camiños escolares do Concello de Soutomaior

ColeRoteiros, Camiños Escolares en Soutomaior, é un programa municipal educativo e xuvenil dirixido a facilitar que nenos, nenas, mozos e mozas poidan ir aos centros educativos camiñando ou en bici.

Un proxecto global e transversal do Concello de Soutomaior que ten como fin impulsar hábitos máis saudables de mobilidade, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria.
Poñendo en marcha itinerarios denominados ColeRoteiros que estarán identificados coa mascota do proxecto: Roti; As persoas inscritas poderán participar nas Rotiquedadas para ir en grupo ao cole dun xeito saudable e divertido aprendendo a percorrer estes camiños de xeito seguro xunto co equipo de monitores/as que se encargarán de guialos/as ata os centros no itinerario de ida e tamén de volta.

¬ Descargar  díptico

¬ Ampliar información / inscrición en liña

Comparte!!!

Relacionados