Día 7 de febreiro, xoves, ás 20:00 horas
– Comentaranos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada nestas terras que forman parte dos actuais espazos naturais protexidos da Serra do Xurés-Gerês.
O Doutor José Mª Eguileta Franco é Xefe do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense e Vocal e Poñente da súa Comisión Técnica Municipal para a Protección de Bens Culturais. Graduouse en Prehistoria e Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela coa máxima calificación e obteu o título de Doutor en 1994, acadando o Premio Extraordinario.
Entre 1995 e 2006 impartiu docencia nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo, e no Centro Asociado de Ourense da UNED. Na actualidade imparte a asignatura “Taller de Arqueoloxía” no Programa de Maiores da Universidade de Vigo. É ademáis responsable da Sección de Ciencias Sociais da Fundación Vicente Risco, Académico Correspondente da Real Academia Galega de Bellas Artes e Xuiz Honorario do Couto Mixto.
Centrou a súa investigación na Prehistoria Recente, dirixindo e codirixindo proxectos de investigación na Baixa Limia, escavando megálitos, poboados calcolíticos, ademais de xacementos medievais e galaico-romanos. Participou en proxectos universitarios de I+D das Universidades de Santiago e Vigo coa categoría de Investigador.
Publicou varios libros, entre eles, A Baixa Limia Galega na Prehistoria Recente. Arqueoloxía dunha paisaxe da Galicia Interior, Mámoas y paisaje, muerte y vida en Val de Salas (Ourense). El fenómeno megalítico en un valle de montaña. Coordinou, entre outros, Aqva, Divi, Vrbs (Auga, Deuses e Cidade), sobre as recentes escavacións arqueolóxicas nas Burgas. Tamén publicou numerosos artigos, participando e organizando congresos, cursos universitarios de verán e xornadas científicas. Na actualidade está a centra-las súas investigacións na Arqueoloxía Urbana.