Venres 29 , ás 20:00 horas por Beatriz Comendador Rei.
Dende hai mais dunha década, está aberta unha importante liña de investigación sobre o encontro de grandes tradicións de arte rupestre prehistórico no noroeste peninsular, que nestes dous últimos anos ven a ser reforzada polo achado de sitios con Pintura Rupestre Esquemática ou Arte Esquemático Pintado nas áreas surorientais de Galicia, e que confirma o seu enorme potencial.
Esta conferencia mostrará un panorama integrado destes achados, tendo en conta o conxunto das manifestacións de arte rupestre da totalidade do noroeste peninsular, onde se coñecen ata a actualidade mais de 50 sitios. Se presenta ademais un avance dos resultados da recente actuación arqueolóxica desenvolvida no abrigo pintado de Penedo Gordo (Vilardevós), financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio e realizada por un equipo galaicoluso dirixido pola Universidade de Vigo.