Convento De San Domingos De Ribadavia

Atópase extramuros das murallas, no lugar coñecido como Val de Paraíso. É de mediados do século XIII e foi obra dos dominicos, para que lles servise, entre outras cousas, de aloxamento; cando foron crecendo económicamente construíron unha igrexa nova.

-1271-Empezouse a construír a igrexa.
-1295-1329-Construír a cabeceira.

A planta ten forma de basílica conformada por tres naves, os seus espazos son luminosos e amplos. A destacar os capiteis, os elementos profanos como touros, xabaril etcétera e elementos vexetais. Hai quen di que se estilo recorda en certa medida á “Claustra Nova” da Catedral de Ourense. Posúe unha estilizadas ábsidas, moi verticais con ventás altísimas e esveltos.

A fachada está dividida en tres partes 
que teñen a súa correspondencia nas naves. Do convento apenas queda nada, hai testemuños documentais de como era pero pouco máis. A día de hoxe o que queda é unha pequena parte do claustro barroco do século XVIII, e a porta á entrada á sala capitular de entre o século 1290 – 1300.

Como era típico naquela época na súa igrexa poderemos atopar sepulcros de cabaleiros e mulleres importantes e influentes da época nesa zona. Así temos ao Maldonado de 1350, ou a Don Pedro Vàzquez de Paga coa súa nai e a súa esposa Dona Sancha, representada con hábito, de época xa renacentista.
Destacan dous Cristos, un na Capela Maior do século XVI, e o outro na Capela da nosa Señora de Portal do século XVI.

Vídeo

Comparte!!!

Relacionados