Discurso do alcalde na inauguración dos Mundiais de Tríatlon. Pontevedra

Estes días centos de persoas corren e rodan polas rúas e prazas da cidade, convocados polo Mundial ITU Multisport Pontevedra 2019, cinco campionatos do mundo reunidos na nosa cidade aos que damos unha cálida benchegada.

Fan o mesmo que adoitan facer cada día centos de cidadáns de Pontevedra entregados aos deportes e á natureza.

Cando chegades para correr perto do río ou polo Centro Histórico, xa sodes cidadáns e cidadás de Pontevedra.

Esta é a vosa casa estes días e só desexamos que vos sintades aquí moi felices, participando nunha competición brillante e gozando dunha cidade amable e cariñosa

A cidade e a organización poñemos todo o noso empeño en conseguir que nunca esquezades este Multisport cheo de festa e espectáculos pensados exclusivamente para vós.

Queremos que voltedes por aquí. A facer deporte e a gozar deste país verde e suave, cheo de historia, de engados e de vida.

Grazas por vir a Pontevedra. Grazas aos membros das Federacións Galega, Española e Internacional por convocarvos.

E grazas aos voluntarios e voluntarias, cidadáns, empresas, funcionarios públicos e resto de traballadores e traballadoras, polo esforzo que fixestes e seguides a facer para que os nosos visitantes se sintan ben agusto aquí.

Moitas grazas

Comparte!!!

Relacionados