Discursos do alcalde e dos premiados no Cidade de Pontevedra

DISCURSO DO ALCALDE

Queridos premiados

Concelleiras e concelleiros

Membros do Xurado destes Premios Cidade de Pontevedra 2017

Amigas e amigos

Aquí estamos un ano máis compartir esta agradable sesión de honra na que cada ano entregamos os Premios Cidade de Pontevedra.

Premios que marcan o pulso dunha cidade orgullosa de si mesma e que aspira a ser cada vez mellor, polo que os seus fillos e fillas máis sobranceiros merecen cada ano convertírense nos nosos protagonistas.

Quero antes de nada agradecer o delicado labor do xurado que cada ano nos axuda a levar adiante esta tradición, e sobre todo ás outras candidaturas presentadas, todas elas merecentes do noso devezo e admiración.

Lembrar que Lurdes Domínguez, Antón Sobral e Verísimo Pazos, así como a Pontevedrada, Boa Vida, Solidariedade Internacional, Festa HQR e Difusión Felina, fóron dignísimas apostas polas que calquera de nós nos decantaríamos sen dúbida.

Mais o xurado ten que escoller a un, e ademáis sempre acerta, porque é a expresión máis plural da cidade. Con Ángela Paz e co Colexio de Avogados volveron a descubrirnos a todos que hai persoas e institucións que aínda que non sexan moi populares nos medios de comunicación, están ahí para facer que este mundo sexa un bocadiño máis vivible.

Este ano, en realidade, non temos dous premiados, senón un, con duas identidades.

O Premio Cidade de Pontevedra é hoxe para as persoas que se comprometen, que loitan, que se identifican cos que precisan axuda para resolvérllela vida a quen sofre algún tipo de grave problema económico ou de integración plena na sociedade.

O altruismo de verdade, a entrega aos demáis, o xeito de ver e sofrir os problemas da parte de quen os padece sen agardar nengún tipo de beneficio é a enerxía positiva que move o sangue destas persoas que hoxe nos honran co seu exemplo.

O seu compromiso non é un postureo de márketing, como o de moitas empresas que, incluso perto de nós, practican ese “boísmo” caritativo que ademáis lles serven para reducir o seu imposto de sociedades ou facer iso que denominan “compromiso social corporativo”.

Nen Ángela Paz nen o Colexio de Avogados están nesas leas de negociantes interesados.

En silencio, atendendo só ao importante labor que realizan e sen demasiada visibilidade, ven como sofre quen sofre e como poden axudar a amortecer os males que os aflixen.

Calquera que se cruce con Ánxela Paz sabe que naceu para facernos a vida mellor. Coma se o seu nome e primeiro apelido fosen definitorios do seu papel neste mundo, fixo desde Paspallás millóns de méritos para encher de boas vibracións iniciativas tan espléndidas como o Salón do Libro ou a Feira Franca, onde sempre foi un exemplo de implicación e vitalidade.

Máis adiante, cando a saúde comezou a fallar saca a forza necesaria para poñela a disposición dos enfermos crónicos, e aparece esta outra Ánxela Paz, como exemplo de compromiso que fai da debilidade unha gran fortaleza que a canaliza ao servizo dos enfermos crónicos.

Como dinamizadora social é unha gran colaboradora municipal promove iniciativas a prol da calidade de vida e a mobilidade das persoas afectadas por enfermidades que teñen necesidades urxentes específicas, aspectos nos que tamén se ven implicados moitos outros colectivos.

Estes pequenos episodios que melloran a vida de tanta xente están na base da acción social de Ánxela, que se fai máis forte ante as dificultades e medra como persoa no compromiso colectivo, ao que sempre regala o seu tempo e a súa intelixente aposta polos demáis.

No que respecta ao Ilustre Colexio Oficial de Avogados de Pontevedra, unha institución case doblemente centenaria, que despois de tanto tempo segue a comprometerse coas persoas, aínda que esa actividade non sexa moi visible.

Cando escoitamos falar do Colexio de Avogados, pode que alguén teña na cabeza unha entidade corporativa de defensa dos intereses destes profesionais. Pero esta institución é moito máis ca iso.

Unha das máis coñecidas dimensións altruístas dos avogados é a do turno de oficio, ao que moitos xuristas acoden voluntariamente, sabendo que os seus honorarios son moi inferiores aos da súa actividade convencional.

Pero aínda existen outros modos de colaborar coas persoas que teñen máis necesidades, coma os pasos á fronte que deron nos momentos máis duros da crise económica e que contribuiron a aumentar a visibilidade do seu compromiso social.

Os avogados de Pontevedra, apoiados na acción social municipal, forneceron de servizos gratuítos de atención xurídica ás persoas afectadas polas hipotecas abusivas, facendo a correspondente intermediación previa entre entidades e persoas, antes de entrar na fase propiamente xudicial.

Este compromiso, organizado en colaboración co Concello de Pontevedra, deu como resultado unha oficina de atención ás víctimas bancarias, un modelo que serviu de exemplo á Xunta de Galicia para organizar unha estrutura semellante de apoio ás persoas que sofriron as consecuencias deste pouco edificante comportamento bancario.

Estamos pois ante dous premiados unidos polo compromiso social, que ademáis sabemos que tras coñecérense con motivo destes Premios, teñen o camiño aberto para establecer novas canles de colaboración entre eles, algo do que nos felicitamos e celebramos como unha nova oportunidade de colaborar en positivo para as persoas que máis o precisan.

Grazas, amigas e amigos por estar hoxe aquí, por axudarnos nesta linda tarefa de premiar aos mellores entre nós, apoiando o seu labor e traballando todos xuntos, por enriba de calquera diferenza, para facer unha Pontevedra mellor, máis feliz e solidaria.

VIVA PONTEVEDRA


 

DISCURSO DE ÁNGELA PAZ

Moitas grazas a todas as persoas e colectivos que me apoiastes, así aos meus compañeiros e compañeira de nominación.

Este premio está moi repartido con todas as persoas que tiven a sorte de traballar. Persoas con parálise cerebral, xuventude e infancia marxinada, mocidade con delitos de sangue e en prisión; mocidade que sufriu abusos, familias en situación de exclusión social, persoas con enfermidades duras……. Detrás de todas e todos eles sempre había unha muller loitando contra vento e marea. Con todas elas vivín momentos moi duros, moi bos, tristes pero tamén alegres. GRAZAS POR ENSINARME QUE TENDO TODO EN CONTRA, PÓDESE SAIR.

Cando por circunstancias da vida me tocou padecer en primeira persoa a enfermidade de Crohn, sufrimos na miña casa un desterro sanitario. Enviáronme en ambulancia a un hospital en Madrid, lembro que era un 8 de marzo, Día da muller traballadora. Desterrada lonxe da miña familia, das amistades, da miña casa, da miña cidade… E FOI CANDO TODAS ESAS PERSOAS QUE ANTES MENCIONEI, REAPARECERON NA MIÑA VIDA COMO SE EU FORA UN MEMBRO MÁIS DA SÚA FAMILIA.

O primeiro ano no hospital foi moi duro. Non contaban con que chegara a Madrid, pero aquí estou. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, volvín ganarlle a batalla á enfermidade, sempre tendo como referentes a todas esas persoas.

Os tres primeiros anos da miña enfermidade foron moi duros, con permisos de 20 días intercalados entre tempadas de dous, tres, catro meses seguidos no hospital. Moitísimo tempo para ler, para pintar, para organizar partidas de cartas, para montar obradoiros reciclando material hospitalario e compartir a miña vida con persoas que non coñecía de nada. Pero todas as semanas recibía cartas e “paquetes bomba” dos meus seres queridos e de todas esas amizades que fun facendo polo camiño.

Con todo ese tempo que tiña, dediqueime a facer un borrador dunha escola de tempo libre, que hoxe é unha realidade, Paspallás, un referente en Pontevedra por ser unha escola onde prima a calidade da formación e se traballan valores como a igualdade de xénero, a protección do medio ambiente, o respecto, a tolerancia, a inclusión social e as discapacidades.

Entre Paspallás e o hospital transcorre a miña vida ata que un médico me convida a crear unha asociación para persoas afectadas por Crohn, colite ulcerosa e ostomizadas. Tiven a sorte de empatizar con dúas persoas máis afectadas por estas doenzas e así naceu ASSEII nesta cidade do Lérez, para dar visibilidade a estas enfermidades que son invisibles ante a sociedade (como moitas outras) e para defender os nosos dereitos ante as Administracións. Estamos moi orgullosas e orgullosos dende ASSEII por ter posto a Pontevedra en Madrid a través do primeiro documental de España sobre persoas ostomizadas, coa campaña “Pon una Bolsa en tu Vida” do Proyecto Gesto.

Pero toda esta enriquecedora experiencia e vivencia persoal no sería posible sen a miña nai. Ela sempre apostaba por todo o que eu me propoñía. Quen me motivaba e me animaba. Nunca se rendeu. Coa súa mirada me tranquilizaba nos momentos máis duros. Sufriu o desterro hospitalario comigo neses sillóns de hospital, horas, días e meses, sen esvaecer.

ADICO ESTE PREMIO A ELA E A TODAS AS NAIS E MULLERES QUE NOS DAN A VIDA E QUE DARÍAN A SÚA POR CALQUERA DOS SEUS FILLOS OU FILLAS ANTE UNHA DURA SITUACIÓN. MULLERES ESGOTADAS PERO NON DERROTADAS.


 

DISCURSO DE RAMÓN JAÚDENES, Presidente del Colexio de Avogados de Pontevedra

Debo, en nombre del Ilustre Colegio Provincial de Abogados de Pontevedra, agradecer al Concello, a toda la corporación y a su Alcalde, que nos honre que este premio que recibimos con verdadera emoción, y nos llena de orgullo.

Agradecer, a los miembros del jurado que nos hayan elegido, a quienes espero tener la oportunidad de conocer y dar la gracias personalmente.

Agradecer a las 9 instituciones que propusieron nuestra candidatura: Asociación Consumidores Rías Baixas de Pont., Asociación Rexurdir Provincial; Calor y Café; Cáritas Interparroquial de Pont.; Comedor San Francisco; Fundación Amigos de Galicia Fundación Meniños; Fundación Secretariado Xitano, Club de Leones; todas ellas, vivo ejemplo de entrega a los desfavorecidos, y que a nuestro entender dan mas valor a este premio.

Felicitar, a la otra premiada, Ángela Paz, todo un ejemplo de valiente compromiso con los mas necesitados.

A los demás candidatos, todos dignos acreedores del premio, porque cada uno de ellos con su trabajo, con su quehacer diario, hacen mas grande nuestra ciudad Pontevedra.

Felicitar, a todos los miembros de la gran familia de la abogacía pontevedresa, que este año cumplirá 179 años, y por tanto es una de las instituciones mas antiguas de la ciudad; a todos los compañeros del colegio, con especial recuerdo a tantas generaciones de abogados que, con su labor y desvelos en favor del colectivo, de la sociedad, y en defensa de las garantías y libertades individuales, escribieron la historia del Colegio, de siempre -y hoy en día mas si cabe- tan vinculado a nuestra ciudad y, lo que es mas importante, a sus vecinos. Es por ello que creemos que el Concello ha hecho un acto de justicia significando, al Colegio de Abogados.

Resulta indudable que estos reconocimientos del Concello, suponen para los pontevedreses un aliciente para seguir haciendo de nuestra ciudad un espacio mas justo y mejor; premiando el compromiso social desde facetas muy distintas de la sociedad civil, pero con un nexo de unión: la ayuda a las personas mas vulnerables, a los mas débiles, aquéllos que nada tienen.

El colegio de abogados, está desde su creación indisolublemente vinculado a sus conciudadanos, por ellos existe, y por ellos, desde siempre ha venido defendiendo sus derechos y libertades.

La abogacía pontevedresa, la abogacía española, tiene un claro compromiso con los derechos humanos, hasta el punto que tiene rango estatutario.

Tan es así, que me permito afirmar que en cada despacho de abogados, hay una oficina de derechos humanos.

Es una realidad, el grave impacto que la crisis económica ha tenido en el ámbito de las políticas y derechos sociales en España.

No podemos olvidar, que nuestra constitución nos consagra como un “estado social” y que, por lo tanto, de ello se derivan unas exigencias de igualdad material.

Al amparo de los requerimientos de estabilidad presupuestaria derivados de una crisis económica, para los de mi generación, sin precedentes, hemos asistido a situaciones de grave injusticia social, a una tremenda reducción del gasto y de servicios sociales que solo se pueden paliar, con empatía, teniendo conciencia social como individuo, en nuestro caso, quienes ejercemos la abogacía, asumiendo por mandato constitucional la defensa de los derechos y libertades de los ciudadanos y, la de velar por el cumplimiento de los derechos fundamentales de las personas.

Nuestro Colegio, de ámbito provincial, en los momentos mas agudos de esa gravísima crisis económica que todos queremos dejar ya atrás en la memoria, y que también afectó a nuestros despachos, planteó a los Concellos de su jurisdicción, una fórmula que pretendía ayudar a las personas en riesgo de exclusión social, tratando de evitar los desahucios, y allí donde no llegaba siquiera el beneficio de justicia gratuita.

Iniciativa humanitaria que no se limita ahí, porque también trabajamos desde hace muchos años intensamente con los internos de la prisión de la A Lama, con Cáritas de Pontevedra, organizando el servicio de asistencia jurídica gratuita -prestado por unos 500 abogados en 11 de los 13 partidos judiciales de la provincia, las 24 horas del día, los 365 días del año-, o, prestando el servicio de orientación jurídica, que tramita unos 12.000 expedientes anuales, y supone tutelar a mas de 640.000 justiciables, 2/3 de la población de la provincia, casi ¼ de la gallega.

Para comprender la dimensión de la tarea, atendemos a tantos justiciables como los Colegios de Orense y Lugo juntos; o como los de Santiago y Vigo juntos.

Y todo ello es posible, con el diario, callado y generoso trabajo de los compañeros del colegio, en nombre de quienes tengo el orgullo de recoger hoy este reconocimiento de la ciudad de Pontevedra, que agradezco profundamente.

Termino, con una obligada cita, la del artículo 1 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos:

“Todos los seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos, y dotados como están de razón y conciencia, deben comportarse fraternalmente los unos con los otros”.

MUCHAS GRACIAS

Publicado 20 Xaneiro, 2017

Comparte!!!

Relacionados