En tempos de María Castaña… Sabías que María Castaña era galega?

Texto de “La España Sagrada” en la que cuenta: El 18 de junio de 1386 María Castaña, mujer de Martín Cego, Gonzalo Cego y Alfonso Cego, confiesan haber hecho muchas injurias a la Iglesia de Lugo, y haber matado a Francisco Fernández, mayordomo del Obispo. Para satisfacción de estos delitos, hicieron donación a la Catedral de todas las heredades que tenían en el coto de Cereixa y se obligaron a pagar mil maravedíes de la moneda usual.

 

María Castaña ou María Castiñeira, naceu en Cereixa (A Pobra do Brollón – Lugo). Foi unha fidalga galega do século XIV, que liderou unha revolta popular contra o poder eclesiástico.

Viviu na cidade de Lugo e era a muller de Martín Cego . No ano 1386 dirixiu unha revolta da cidade contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos, e matou cos seus cuñados ó mordomo do bispo Francisco Fernández .

O pai Risco na súa obra “España Sagrada” afirma que o 18 de Xuño de 1386 María Castaña e os seus dous fillos confesaron dar morte ao mordomo do bispo.

 

Sufocada a revolta, María Castaña e os dous cuñados, Gonzalo e Afonso Cego, foron apreixados e obrigados a doar os seus bens á Igrexa, entre eles as posesións en couto de Cereixa e mil marabedís.

María Castaña é unha figura histórica e lendaria  coñecida en toda a Península Ibérica co nome de Maricastaña . Tamén é protagonista de textos literarios.

A xesta de María Castaña foi pasando na fala da xente, quedando aqueles feitos no recordo colectivo.

Asociouse a figura lendaria de Maricastaña a mitos como o de Blancaflor, a menor do tres fillas que tivo o demo, ou Auburn Mary, protagonista da batalla dos paxaros, unha lenda celta que tamén fai referencia á cor (“castiñeiro” ou auburn) do pelo de tal muller.

Comparte!!!

Relacionados