“Entre dúas augas”: Conferencia “As mulleres na década 1930-1940”

A Casa das Campás acollerá o vindeiro martes 14 de maio, ás 19.30 horas, a conferencia “As mulleres na década 1930-1940: da liberdade á prisión” de Aurora Marco.

É unha conferencia organizada polo Arquivo Municipal de Pontevedra como actividade complementaria da mostra “Entre dúas augas”, un percorrido pola historia e a vida cotiá da Pontevedra de 1930 a 1940 que se pode ver na sala de exposicións do Pazo da Cultura, até o 7 de xullo.

+INFO EXPOSICIÓN “ENTRE DÚAS AUGAS

Comparte!!!

Relacionados