Entroido de Pontevedra. Tamén o programa completo e Bases dos Concursos

Dicir Entroido é dicir Ravachol. En Pontevedra témolo claro: sen o loro a festa “non é a mesma”. Carme da Silva, concelleira de Festas, presentou a programación do entroido-2019, que comezará o venres 1 de marzo coa recepción do alcalde o rei Urco na praza da Ferrería e a lectura do pregón e que rematará oito días máis tarde co velorio e enterro do emblemático loro.

No medio citas imprescindibles como o Desfile do Entroido, a incorporación de Ravachol ao entroido, a recreación da botica de Don Perfecto Feijóo, a Noite Pirata, o Concurso de Murgas, a Mostra da Parodia, ademais de animación infantil e de rúa ao longo da semana.

Xunto coa concelleira de Festas, estivo o debuxante Kiko da Silva, autor do cartaz do entroido, que nesta ocasión ten a súa inspiración nunha vella foto da botica de D. Perfecto Feijóo -achegada ao noso tempo coa incorporación dunha muller- e coa “ausencia” de Ravachol no centro que lembra a “desaparición temporal” do loro da Peregrina, onde regresou a tempo para o entroido. “A figura de Ravachol é parte de nós, do noso patrimonio” subliñou o debuxante para de seguido lembrar a indignación da xente nas redes sociais cando o loro aparecera unha mañá fóra de sitio, tirado ao lado da igrexa da Peregrina,

A figura “ausente” do cartaz converteuse nun marca-páxinas que será un agasallo das librarías de Pontevedra polo compra de libros en galego.

O entroido 2019 traerá novidades como, por exemplo, as Murgas na rúa o sábado 9 de marzo, horas antes do comezo do velorio do loro. Distintas murgas, participantes no concurso cuxa final é o día anterior. levarán a súas cantigas ás prazas da cidade.

¬CLICK AQUÍ – DESCARGAR PROGRAMA ENTROIDO PONTEVEDRA 2019

PROGRAMA ENTROIDO 2019 PONTEVEDRA

VENRES 1 DE MARZO
20.00 horas Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido
21.00 horas Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen
chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os
Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os
Paparrulos, As Sonecas e Os Miúdos.
Lectura do pregón a cargo dos Solfamidas

SÁBADO 2 DE MARZO
11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
16.00 horas José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para
realizar a inscrición e recollida do número de participación

17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa José Malvar; percorrerá as rúas
Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa
Alameda

20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará
entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

LUNS 4 DE MARZO
De 9.30 a 14.00 V Campamento Urbano Entroido Pirata
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos
Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez)
teléfono: 986 851 670

17.00 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol
Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
Actuación:
Comando Foucellas

21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVIII Concurso de Murgas
MARTES 5 DE MARZO
De 9.30 a 14.00 V Campamento Urbano Entroido Pirata
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos
Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez)
teléfono: 986 851 670

16.30 horas XXIV Festa da Filloa, concurso de filloas.

Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra
Mercado de abastos

17.00 horas Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil

Animación infantil con Rivel e varios DJ

22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico.

Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
Asociación Combrus e Troula
A continuación animación de rúa coas comparsas:
Os da Caña
Solfamidas
Las Flores del Carnaval
Os Miúdos
As Sonecas
Os Paparrulos
Os Canecos
Amoriños de Bora
Vamos a Todo
Equipo Ja
MÉRCORES 6 DE MARZO

16.30 horas Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de

Campañó. A Corrida da Rosca
Festival infantil do Entroido

17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol
18.00 horas Discoteca Daniel. Baile de disfraces para persoas maiores.

Orquestra Bahía

19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da

época na cidade
Actuación de Xeitura

21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVIII Concurso de Murgas
XOVES 7 DE MARZO
21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXVIII Concurso de Murgas
VENRES 8 DE MARZO
22.30 horas Prazas e rúas da cidade. XXV Mostra da Parodia do Entroido
01.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXV Mostra da Parodia do

Entroido
SÁBADO 9 DE MARZO
12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación

de Comando Foucellas e Os Alegres

13.00 horas Murgas na Rúa
Murga PTV
Murga Os do Val do Lérez
Murga Equipo Ja

Murga do Naveiro
Prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura e Leña

18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase

a asistencia de loito rigoroso.

21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu
séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os
Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Miúdos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo,
Os da Caña e As Sonecas percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo
Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real,
Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría

VELORIO INFAUSTO
Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol
Praza da Ferraría
Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre,
cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
1o Introito coa lectura dunha elexía para o finado
2o Os de Algures, velorio tradicional
3o Celme, danza da morte
4o Saeta Val do Lérez
5o Incineración do loro Ravachol

VII XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
LUGAR: CITA
HORARIO: 18.00 a 21.00 h
DATA: 15 E 16 DE MARZO
Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza
Aberta mañá e tarde
VENRES 15 DE MARZO
18.00 horas Apertura das xornadas
18.15 horas Conferencia de Xosé Anxo Rosales e Guillerme Costas: “Achegamento ao

teatro popular no Entroido de Pazos de Borbén”

19.00 horas Conferencia de Pedro Basalo: “Historia recente do boteiro de Viana do Bolo”
19:50 horas Conferencia de Xerado Dasairas: “As máscaras no Entroido ourensán”
20.45 horas Mesa redonda e coloquio cos relatores

SÁBADO 16 DE MARZO
18.00 horas Apertura da xornada do sábado

18.15 horas Presentación de traballos sobre o Entroido da Sociedade Antropolóxica

Galega

18.45 horas Conferencia Emilia Cagiao: “A repercusión do Entroido de Samede”
19.45 horas Conferencia de Patricia Cordeiro: “Carnaval de Podence: de ritual

comunitario a ícona nacional”
20.45 horas Mesa redonda e coloquio final
21.00 horas Clausura das xornadas

BASES DO DESFILE DO ENTROIDO

As comparsas compoñeranse dun mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de
instrumentos musicais e interpretarán cancións carnavalescas ou pasacalles durante o desfile. A
maioría dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile non poderán
entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa ou cun grupo de adultos. O
xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa e a calidade musical.
Os disfraces premiados daranse a coñecer durante o transcurso da verbena do Entroido, que
se celebrará na noite do sábado 2 de marzo na praza da Ferraría. Os premios deberanse recoller de
xeito obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a tarxeta de
inscrición e mais os DNI.
Para valorar os disfraces, o xurado terá en conta non só a categoría do disfrace, senón tamén
a participación activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do Entroido
consistente no Ravachol 2019 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais
características no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.
O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo,
poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo
da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente identificado.
As e os participantes, no momento da súa inscrición, deberán presentar copia dos DNI dos
integrantes e facer constar en que modalidade queren participar: facha ou disfrace. O prazo de
inscrición comenza o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no BOP ata as 13.00
horas do venres 1 de marzo no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos no 2, 1o andar) e o sábado 2
de marzo día do desfile na rúa José Malvar ata as 16.30.
A orde de participación das comparsas no desfile determinarase logo dun sorteo, que se
realizará unha vez rematado o prazo de inscrición.
Os grupos sobre camións – góndolas ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho
da propia góndola ou plataforma nin superar os 4 metros de altura; en calquera caso todos os
participantes do Entroido adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.
A participación supón a plena aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse
na modalidade axeitada. A decisión do xurado será inapelable.
PREMIOS DO DESFILE DO ENTROIDO
INDIVIDUAIS DISFRACE FACHAS
1o Premio 250,00 € 250,00 €
2o Premio 150,00 € 150,00 €

PARELLAS DISFRACE FACHAS
1o Premio 350,00 € 350,00 €
2o Premio 230,00 € 230,00 €

GRUPOS DISFRACE FACHAS
1o Premio 2.400,00 € 2.400,00 €
2o Premio 1.700,00 € 1.700,00 €
3o Premio 1.200,00 € 1.200,00 €
4o Premio 900,00 € 900,00 €
5o Premio 500,00 € 500,00 €
6o Premio 300,00 € 300,00 €

COMPARSA
1o Premio 2.400,00 €
2o Premio 1.800,00 €
3o Premio 1.600,00 €
4o Premio 1.150,00 €
5o Premio 850,00 €
6o Premio 540,00 €

BASES DO CONCURSO DE MURGAS

Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e
terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.
Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa
Churruchaos no 2, 1o andar) dende o día seguinte a publicación das bases da convocatoria no BOP
ata as 12.00 horas do sábado 2 de marzo, presentando copia dos DNI dos integrantes da murga.
Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.
A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida
mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 2 de marzo, ás 12.00 horas, no Servizo de Cultura
(rúa Churruchaos no 2, 1o andar) ao que debe asistir un representante de cada murga.
O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se
cada murga o desexa así.
As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do Entroido.
Valorarase a contribución humorística na actuación.
Cada murga recibirá 250 euros como gratificación pola súa participación.

No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que
terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 4 de marzo e o mércores día 6 de marzo ás 21.00 horas, a
final será o xoves 7 de mazo ás 21.00 horas.
Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse
ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que
será inapelable.
PREMIOS DO CONCURSO DE MURGAS
1o Premio ………………………..1.200 €
2o Premio ………………………..1.050 €
3o Premio ………………………..900 €
4o Premio……………………….750 €
5o Premio……………………..400 €

BASES DA MOSTRA DA PARODIA

No concurso da Mostra da Parodia valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos
disfraces como das parodias que se representen.
Cada grupo participante representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se
decidirá logo de celebrar o correspondente sorteo.
A inscrición para participar nesta mostra farase no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos no
2, 1o andar) dende o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no BOP ata o sábado 2 de
marzo, ás 12.00 horas, para inscribirse terán que presentar copia dos DNI dos integrantes da parodia.
Os grupos participantes comezarán a súa representación a partir das 22.30 horas do venres
8 de marzo, no lugar previamente asignado.
Ás parodias sobre camións – góndola ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente por
sorteo, un espazo na rúa de Benito Corbal ou praza de España.
A entrega dos premios celebrarase á 01.00 hora na praza da Ferraría.
PREMIOS XXIV MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO
1o Premio ………………………………….. 1.300 € + Ravachol 2019
2o Premio ………………………………….. 1.000 €
2o Premio ………………………………….. 1.000 €
3o Premio ………………………………….. 700 €
3o Premio ………………………………….. 700 €
3o Premio ………………………………….. 700 €
PREMIOS DO CONCURSO DE FILLOAS
1o Premio ………………………………….. 450 €
2o Premio ………………………………….. 300 €
3o Premio ………………………………….. 180 €
4o Premio ………………………………….. 120 € (á mellor presentación)
5o Premio…………………………………… Vale por unha lacoada doado por Supermercados Froiz

Premio ao mellor disfrace
Tres cheques – compra doados polo Centro Comercial Urbano-Zona Monumental
ORGANIZA: Radio Voz
PROMOVE: Concello de Pontevedra
COLABORAN: Supermercados Froiz, Centro Comercial Urbano-Zona Monumental,
ex-alumnos da Escola de Hostalaría Carlos Oroza.

XORNADAS GASTRONÓMICAS

Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.
COA COLABORACIÓN DO CENTRO COMERCIAL URBANO-ZONA MONUMENTAL

Comparte!!!

Relacionados