Acto cultural literario: “A represión franquista contra os intelectuais galegos”

Por primeira vez, despois de 80 anos, as personalidades literarias de Galicia que foron vítimas da brutal Represión do 36, son homenaxeadas na Terra. Nesta ocasión nun acto que organizan dúas institucións culturais (a Real Academia Galega e a Fundación Otero Pedrayo) e un Concello, o de Amoeiro, ó que pertence Trasalba, onde don Ramón escribiu páxinas excelsas e chorou, en páxinas inesquecibles, ós amigos represaliados, algúns asasinados : Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Castelao… O acto desenvolverase seguindo o seguinte programa coordinado pola secretaria da Fundación, Patricia Arias Chachero:  Palabras de benvida…

Ver+