O Valle Inclán Pontevedrés

Escultura de Valle-Inclán en Pontevedra (Imaxe: Mateo Fontán Couto) A escultura de Valle-Inclán sita na Praza de Méndez Núñez goza de moita atracción entre os visitantes da nosa cidade. É común atoparse a alguén fotografándose con ela; do mesmo xeito, a estatua posúe sona entre os pontevedreses e, ás veces,  engalánase para as festas ou «vístese» con motivo artístico, publicitario ou reivindicativo. Lamentablemente, o monumento a este xenio das letras tamén foi vítima de agresións en varias ocasións, pois é sabido que de todo hai na viña do Señor. A…

Ver+