Programa de música en vivo que promove o Concello de Pontevedra co fin de dar a coñecer intérpretes e grupos de distintos estilos e achegar ao público “unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo, tanto en locais pechados como en prazas, rúas e xardíns”. Marcos Rivas, da productora Jack-Jack foi quen desvelou o programa. O festival terá lugar os dias 25, 26 e 27 de abril.
O Galegote, segundo subliñou Alberto Oubiña, mantén as mensaxes que o definiron na súa orixe: “a querenza pola música en galego, a difusión da lingua galega e da calidade musical do país e o interese por chegar á xente máis nova, que é o futuro do país e da lingua”.
O programa deste ano artéllase arredor de catorce concertos de distintos estilos, incluíndo un protagonizado polos seis grupos de mozos e mozas xurdidos ao abeiro do programa Xeración Sónica que estrearán os seus temas. Xeración Sónica é un proxecto artístico musical da Concellería de Xuventude para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos.
A entrada a todos os concertos e actividades é de balde. Pódese consultar máis información nas redes do Galegote Rock: FB galegoterock e Instagram: https:// www.instagram.com/galegoterock
Programación do Galegote Rock 2019
Xoves 25 de abril
- 20.00 horas. A Taberna do Jazz. Ela e Dylan, as Flores Solitarias
- 21.00 horas. O Diaño. High Paw
- 22.00 horas Sala Karma. Boyanka Kostova
Venres 26 de abril
- 21.00 horas The Groove House. Sr. Anido
- 22.00 horas. El Pequeño. Gancho Sanches
Sábado 27 de abril
- 12.00 horas. O Campiño. Marcelo Dobode (Presentando Turoqua)
- 13.00 horas. Rúa Sor Lucía. Pantis
- 14.00 horas. O Campiño. Xeración Sónica: Mushu, Alan, Rebel Spirit, Kid Cobra, Froalla e Ith!
- 15.00 horas. Praza Méndez Núñez. Manuele Caamagno
- 17.00 horas. As Palmeiras. Grilo
- 18.00 horas. As Palmeiras. Chicharrón
- 19.00 horas. As Palmeiras. Oh! Ayatollah
- 20.00 horas. As Palmeiras. Malandrómeda
- 21.00 horas As Palmeiras. Terbutalina