Galicia e a Súa Relación Con Outros Pobos Celtas

Hai unha relación clara entre os diferentes pobos da costa atlántica; un dos personaxes máis curiosos é a figura de Maeloc, e un vínculo entre Galicia e Bretaña.

Nunha das invasións que sufriu Bretaña no s.V das terras xermanas; os celtas que se atopaban asediados abandonaban os seus pobos trasladándose uns cara a Gales, outros a Cornualles e Escocia, e outros ao continente a Bretaña, que ata ese momento chamábase Harmónica; e para rematar o bispo Maeloc co seu pobo, os seus aveños e ata os seus mortos, seguiron viaxe ata chegar a Galicia, en concreto a Lugo, parece ser quese instalaron no pobo que se chama Bretoña (Pastoriza –  Lugo).

Este pobo integrouse totalmente no Reino de Galicia, e ata tal punto que o bispo Maeloc foi o representante da comunidade celta nos Concilios de Braga na época a mediados do s.VI logo de Cristo.

Máis estreita é aínda a relación de Galicia con Irlanda, tan é así, que se menciona en “O Libro das Invasións”, un libro escrito en gaélico irlandés, na que nos contan as invasións que sufriron ata que chegaron os Fillos de Mil, desde o reino de Breogán.

Relátannos como os futuros invasores de Irlanda e futuros señores e gobernantes, proviñan de Galicia e tiñan unha capital chamada Brigantia, na que había unha gran torre co nome de Breogán, suponse que se atopa no mesmo lugar no que posteriormente estará a Torre de Hércules.

Breogán tiña un fillo ITH, que un día mirando ao océano pareceulle divisar unha illa de lonxe no horizonte, e coa mesma decidiu buscala, chegando a Irlanda. Unha vez alí, os señores daquelas terras traizoárono e asasinárono, o seu corpo foi levado de novo ata Brigantia, e alí os seus sobriños fillos do seu irmán Mil e netos de Breogán dirixíronse outra vez a Irlanda, venceron aos seus habitantes e instaláronse como gobernantes.

Non hai que esquecer a similitude existente entre os castros de Cornualles e Galicia,ou entre as costas galegas e as que están fortificadas en Irlanda, por non falar dos petróglifos do suroeste de Irlanda, á que chaman “Arte Galega”.

Tamén únenos na nosa cultura a gaita
. A orixe deste instrumento está polo visto en Mesopotamia. En Galicia a súa popularidade é incuestionable, sendo un símbolo cultural, en Irlanda e Escocia non son menos famosas. Como chegou a gaita desde tan lonxe a Galicia descoñécese, pero se supón que unha vez en Galicia estendeuse a outros pobos atlánticos, e xa que Galicia conquistou Irlanda, é normal que transmitise a súa cultura, e nela ía incluída a gaita.

Comparte!!!

Relacionados