Historia da Festa do Polbo do Carballiño e a súa relación con Marín

Foto: Wikipedia // Jose Luis Cernadas Iglesias

De cómo o polbo chegou a introducirse en terras do interior de Galicia merece, cando menos, unha breve referencia histórica.

Os documentos máis antigos que relacionan ao Carballiño coa tradición pulpera datan do século XVII e áchanse en Marín.

Esta localidade pontevedresa foi priorado de Oseira durante varios séculos, chegando ata a posuír os frades cistercienses unha potente flota pesqueira.

Marín estaba obrigada a entregarlle aos frades en compensación polos dereitos de foro unha determinada cantidade que se materializaba en especies, sobre todo cordeiros, galiñas e produtos do mar. Entre estes achábase o polbo, moi abundante por certo en toda a ría de Pontevedra 

Marín estaba obrigada a entregarlle aos frades en compensación polos dereitos de foro unha determinada cantidade que se materializaba en especies, sobre todo cordeiros, galiñas e produtos do mar. Entre estes achábase o polbo, moi abundante por certo en toda a ría de Pontevedra; é unha especie que pervive longo tempo, xa que pode ser secado sen que perda as súas calidades alimenticias e culinarias.

Polas inxentes cantidades deste cefalópodo entregadas para aquela época pode deducirse que os frades de Oseira iniciaron a comercialización deste produto nas terras do Carballiño. Precisamente o nome de Santa María de Arcos figura nestes documentos. Corrobora, ademais, esta teoría, a constatación de que a práctica totalidade das familias desta parroquia carballiñesa dedícanse desde antigo a este oficio, circunstancia que non ten parangón con ningunha outra localidade de Galicia.

Co tempo, as pulpeiras e pulpeiros de Arcos foron incrementando a súa presenza en feiras afastadas da comarca ata chegar a popularizar a súa arte por toda Galicia. Pero a súa fama transcende as fronteiras galegas e ata españolas, xa que a miúdo son invitadas polos  centros galegos repartidos por todo o mundo para cocer este popular manxar aproveitando a celebración dalgunha festa.

O polbo do Carballiño deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: a Festa do Polbo. Celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico.

Comezou como unha actividade máis dentro das festas patronais de San Cibrán por iniciativa dun grupo de amigos, pero pronto adquiriu identidade propia e fama en toda Galicia. Contribuíron a iso as campañas de difusión realizadas polo Concello, pero tamén os emigrantes, que a teñen como referencia e punto de encontro durante as vacacións estivais.

Non en balde desde os anos oitenta cada celebración dedicóuselle a unha cidade ou país de América e Europa con centros galegos de relevancia. Pero o mérito de tanto éxito radica esencialmente  en dous factores: no seu carácter eminentemente popular -con variada oferta gastronómica dos produtos típicos de Galicia e de grupos de música e bailes tradicionais- e no marco  no que se desenvolve, o Parque Municipal, que conxuga como poucos lugares amplitude e  beleza natural. Decenas de miles de persoas acoden cada ano a esta romaría, considerada como unha das maiores manifestacións gastronómicas de Galicia, na que se contan por milleiros os quilos de produtos que se consomen -polbo, carne, pan de Cea e empanadas-, e os litros de viño do Ribeiro con que se acompañan.

Fonte: Concello O Carballiño

Comparte!!!

Relacionados