“I Semana Ourensá de Análise política”. Ourense

A Deputación de Ourense e a Fundación Castelao organizan a “I Semana Ourensá de Análise Política” centrada nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado.

Este ciclo de conferencias desenvolverase do 8 ao 12 de abril, ás 20.00 horas, na antiga Biblioteca no Pazo Provincial, e comezará hoxe, luns, 8 de abril, con Javier Pérez-Royo, quen analizará a cuestión da “Constitución 40 anos despois. Problemas e solucións”. Ao día seguinte, será a quenda para a “Vindicación da España constitucional” da man de Roberto Blanco Valdés. O mércores, 10 de abril, Francisco Rodríguez analizará “A España soberanista” e, ao día seguinte, o 11 de abril, tocaralle a Ramón Villares abordar a cuestión da “Análise e Perspectivas. O caso catalán”. Por último, o venres, 12 de abril, como peche a esta semana de análise política, Xusto Beramendi falará do “Nacionalismo e federalismo na España actual”.

Comparte!!!

Relacionados