Intensa actividade cultural de cara á Semana Santa en Sanxenxo

Esta fin de semana terá lugar o primeiro certame de bandas de cornetas e tambores en Sanxenxo.

O sábado 13 abril, a partir das 12.30 h. as diferentes bandas participantes farán un desfile cada unha desde unha rúa (Avda. de Madrid, o Paseo de Silgar e Rúa Consistorio.)

Ás 12.40 h terá lugar o concerto na Praza dos Barcos, onde actuarán a Agrupación Musical Virxe da Amargura (Ferrol), a Banda da Confraría do Espírito Santo (Pontevedra) e a Banda da Confraría do Nazareno e Sto. Sepulcro (Sanxenxo)

Este certame está organizado pola Confraría do Nazareno e Sto. Sepulcro de Sanxenxo

PREGÓN

O mesmo sábado, ás 20.45 h. terá lugar a lectura do Pregón de Semana Santa, a cargo de Don Antonio Castro Martínez, Maxistrado Xuíz e Escritor.

Será no templo pequeno, e ao finalizar haberá unha actuación do trio de música sacra Sondarai Trio.

ESTA SEMANA COMEZARÁ A MONTAXE DA CARPA DA PRAZA DO MAR

A instalación da carpa da praza do mar comezará esta semana para acoller os concertos previos á semana santa e para a celebración da segunda Feira Mix Made in Sanxenxo e que se celebrará os días 18, 19 e 20 de abril.

A subministración da carpa foi adxudicado á empresa IRMAFER S.A, por un valor de 40.590€.

O Concello de Sanxenxo prepara unha fin de semana musical previa ao comezo da Semana Santa 3 concertos que terán lugar na carpa instalada na Praza do Mar con motivo da celebración da II Feira Mix Sanxenxo.

+INFO CLICK AQUÍ

 

Comparte!!!

Relacionados