La Molinera celebra este venres tres anos de funcionamento cunha xornada aberta ao público. Ourense

O centro de Coñecemento de La Molinera celebra, este venres 22 durante todo o día, unha xornada de networking para dar conta dos seus primeiros tres anos de funcionamento. O evento está aberto a “emprendedores, makers, alumnado das actividades da aula CeMit, e usuarios de calquera tipo de cursos”, pero tamén a todas aquelas persoas que aínda non coñecen o espazo.

networking comezará ás 11:00 horas coa presentación do mural #somoslaMolinera, unha exposición que cubrirá varias paredes de La Molinera con fotografías de grande formato coas actividades levadas a cabo no centro e que son achegadas polos propios protagonistas. De seguido, comezará unha exposición de produtos de emprendedores formados nos itinerarios formativos. No programa de mañá tamén está prevista a actividade #feedbacklaMolinera, un espazo para presentar publicamente diferentes produtos e podelos probar diante de terceiras persoas.

Neste sentido, e xa en horario de tarde, realizaranse dinámicas de grupo na actividade #conexioneslaMolinera, de forma que os asistentes poidan ir coñecéndose entre eles mediante un sistema de citas rápidas (speed dating).

Comparte!!!

Relacionados