Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación.

Propostas para o Día das Letras Galegas:

  • Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería de Festas e Concellería de Normalización Lingüística Colaboran: Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva, Paz e Seijas
  • Simultáneas de xadrez e homenaxe a Antón Fraguas A partir das 11.00 horas na avenida de Santa María Homenaxe ao autor e celebración do Día das Letras Galegas cunha exposición de libros en galego e poesía recitada por participantes na actividade, dándose a coñecer a biografía do autor. Pódense inscribir nos centros educativos, na Escola de Xadrez de Pontevedra (Casino Mercantil), a través da Asociación Santa María (caixa de correo de asociacións na Casa Azul) Organiza: Asociación Santa María e Escola de Xadrez de Pontevedra olabora: Concello de Pontevedra
  • Concentración “Máis que nunca, queremos galego” Ás 12.00 horas na praza da Peregrina Concentración para recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua. Máis información: www.queremosgalego.gal Organiza: Plataforma Queremos Galego
  • Teatro Os nenos e o galego Ás 17.00 horas no local da SCD Mourente Os nenos e o galego Organiza: Sociedade Cultural e Deportiva Mourente
  • Festa da lingua A partir das 17.30 horas na praza do Teucro Obradoiros para nenas e nenos, contacontos e concertos. No caso de chuvia a sesión pasará á Casa Azul, rúa Sor Lucía. Máis información: tel. 600775008, pontevedrasemente@gmail.com Organizan: Semente Ponte Vedra e Centro Social O Quilombo
  • Alfombra floral e acto popular de homenaxe a Antón Fraguas Ás 19.30 horas na praza de Curros Enríquez, diante da alfombra floral que se confeccionará pola mañá – Actuación dun grupo de gaitas polos arredores – Saúdo do presidente – Pequeno recital de poemas e contos – Breve concerto da Banda de Música de Pontevedra – Discurso do sr. Alcalde Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo Colabora: Concello de Pontevedra
Comparte!!!

Relacionados