Ludoteca para a Semana Santa na Casa dos Poetas. Celanova

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 3 e 12 anos. Os talleres desenvolveranse luns, martes e mércores, 15-17 de abril, entre as 10.30 e as 13.30 horas.

Trátase duns obradoiros lúdicos e formativos cos que pretendemos ocupar o ocio e o tempo libre dos rapaces durante o período de vacacións, ademais de facilitarlle aos proxenitores a súa xornada laboral.

Luns 15: Xogos tradicionais de Pascua no mundo

Martes 16:  Taller creativo: facemos coelliños de Pascua e enchémolos con ovos de chocolate e concurso e carreiras de coelliños de Pascua.

Mércores 17: Taller creativo: facemos e pintamos un ovo de pascua xigante e actividade de animación á lectura: Decoramos o ovo con poesía surrealista.

Distribuídos por grupos de idades contaremos con dous monitores de Xurxemurxe (xestión cultural). Permitirase a inscrición de nenos ata cubrir as 30 prazas dispoñibles. Contacto para as inscricións 646.026.421 ou fundacion@currosenriquez.es. Prezo total: 5€

Comparte!!!

Relacionados